Xinzo vive unha xornada deportiva enxebre nas IV Olimpíadas Rurais
XOGOS POPULARES
As IV Olimpíadas Rurais de Xinzo de Limia compuxeron un ano máis un día de conviencia e diversión cos deportes de sempre como telón de fondo
Un total de seis equipos (Vilar de Covelas, Aldea de Saa, Polígono, Limiaos Rurais, Limia Warriors e Barrio de Abaixo), cun total de 65 integrantes, déronse cita este sábado no campo de fútbol da Moreira con motivo da celebración da IV edición das Olimpíadas Rurais Interpobos.
Ao longo da xornada, as formacións mixtas dirimiron o seu talento nun total de 12 actividades: triatlón, billarda/cachizo, lanzamento de sacho, birlos celtas cegos, turra-sedeño, carreira de relevos, tute, pano, chave, brilé, vintos e loita galega.
Este evento sociodeportivo de convivencia e posta en valor dos xogos e prácticas deportivas tradicionais coroou este ano como campións a Vila de Covelas.
Aldara Cuquejo, do colectivo RAS, organizadores das olimpíadas coa colaboración do Concello e do CDR O Viso, fai unha valoración “moi positiva malia o calor” do día, que arrancou “co triatlón e pechou coa loita galega, que foi sen dúbida o xogo estrela do día”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Música tradicional
El sonido de la gaita conquistó las calles de Xinzo de Limia
INFRAESTRUCTURAS
Xinzo estrena nueva travesía con carril bici y zonas verdes
AGENDA COMPLETA
Xinzo vive el último día de las Fiestas de Santa Mariña
Lo último
Fernando Jáuregui
TRIBUNA
Cumpleaños ¿feliz?
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, martes 4 de agosto?