TRAS UNA SALIDA DE VÍA
Un herido al ser atropellado por su propio coche en Xinzo de Limia
Música tradicional galega
Xinzo de Limia é unha vila profundamente ligada á música, xa que conta con diversas agrupacións de diferentes xéneros cun percorrido sonado. Entre elas está o Coro Aimil, que naceu fai máis de vinte anos coma unha asociación, Aimil Folc, formada por membros e pais de alumnos da Escola Municipal de Gaitas e Percusión de Xinzo, para axudar aos rapaces en asuntos aos que non chegaba o Concello.
Nunha reunión da asociación polo 2003, o que logo sería -e sigue sendo- director, Fernando Dopico, xunto co concelleiro de Cultura, Suso Losada, propuxéronlles aos pais reunirse para cantar, “xa que en Xinzo sempre houbo moita tradición de cantar nas tabernas e por aí”, explicou Lina Gómez, unha das voces que leva no coro dende a súa fundación. “Non era só por cantar, senón tamén para recuperar as cancións tradicionais e populares e non perdelas”.
“Nós animámonos pensando que íamos ir cantando polas tabernas e que cada un ía cantar o que lle petase, pero ao chegar aquí a cousa cambiou e tornouse moi seria”, explicou Lina entre risas, “non tiñamos nin idea, cantamos de oído ao non saber música, e estivemos ca primeira canción un ano”.
O coro foi crecendo cos anos, e pouco a pouco fóronse sumando outras voces que xa non tiñan que ver cos cativos da escola, “simplemente xente á que lle gusta cantar, máis que hoxe non fomos nunca”, afirmou Lina.
O director explicou que as primeiras actuacións foron na casa, “a primeira vez que fomos fora -dixo con sorna-, foi a Allariz”.
As oportunidades leváronos a outros festivais e a máis localidades, xuntándoos con coros de música galega de gran relevancia coma Toxos e Froles de Ferrol, a Coral De Ruada de Ourense ou o coro coruñés Cantigas da Terra.
Un dos selos de identidade do Coro Aimil é o festival Coralimia, que celebrará hoxe a súa XV edición na Igrexa Vella de Xinzo de Limia. Esta idea naceu polo ano 2008 e materializouse coa celebración da primeira edición en 2010, que ó longo dos anos foi gañando sona. Este percorrido valeulle ao coro para ser recoñecidos con diferentes galardóns e méritos, entre os que se atopan o premio da Cultura de Xinzo de Limia ou o premio Xavier Prado Lameiro que recibiron en 2024.
A cita de hoxe dará comezo ás 20,00 horas, e contará coa participación do coro Aires de Bergantiños de Carballo. Esta edición é especial xa que ao non poder actuar a Banda de Gaitas, recurriuse “á vella garda dos gaiteiros de Xinzo”, explicou Fernando, “os mesmos que comezaron a tocar co coro fai case 25 anos”. Ademais, o Concello farálle entrega ao coro dun agasallo, unha bandeira co logo da agrupación e da asociación da que se colgaran as “gravatas” cos seus recoñecementos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TRAS UNA SALIDA DE VÍA
Un herido al ser atropellado por su propio coche en Xinzo de Limia
FEIRA DAS MOZAS
Xinzo baila baixo a chuvia ao ritmo que marca a súa tradición
RETOMANDO LA TRADICIÓN
Galería | Xinzo de Limia viaja 50 años al pasado y celebra la 5ª Feira das Mozas
Lo último
COBERTURA DE PLAZAS CENTRALIZADA
Ourense se desmarca de un comunicado sobre las contrataciones en Urgencias
Ángel Mario Carreño
REFLEXIONES DE UN NONAGENARIO
La inteligencia artificial
32.000 OURENSANOS ATENDIDOS
La enfermería domiciliaria supera las 57.000 consultas en Ourense