Un reto viral provoca o peche da piscina municipal de Xinzo
OLA DE CALOR
Xa se están preparando as analíticas correspondentes para abrir "o antes posible", un período que podería ser de entre 24 e 48 horas.
O Concello de Xinzo de Limia vén de publicar un bando anunciando o peche do vaso grande da piscina municipal por motivos sanitarios.
A causa, é que se atoparon restos fecales no propio vaso da piscina, detectados a simple vista. A orixe destes, segundo apuntan as pesquisas, é a raíz dun reto "viral" que se está popularizando no noso país, e que xa obrigou a pechar outras piscinas.
Neste caso, o peche provisional adóptase cumprindo o artigo 12.3 do Real Decreto 742/2013 e tras consultar coa Consellería de Sanidade, e o alcalde de Xinzo, Amador Díaz, informa de que xa se están preparando as analíticas correspondentes para abrir "o antes posible", un período que podería ser de entre 24 e 48 horas.
Este tipo de incidencias supoñen un risco sanitario para o resto de usuarios, ademais dos inconvintes que crea para a veciñanza pola "insensatez dun ou duns poucos", apunta o alcalde, que teme polo aumento na popularidade do reto.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último