A retranca volverá a protagonizar o Entroido co Festival da Canción
PARTICIPACIÓN VECIÑAL
O goberno local aposta por recuperar este volver celebrar o certame para poñer en valor a composición orixinal e a parodia festiva.
O Concello de Xinzo vén de anunciar a recuperación este ano o Festival da Canción Humorística do Entroido, unha novidade importante na programación oficial que ten como obxectivo revitalizar a participación veciñal e potenciar o enxeño e a sátira.
A principal novidade desta edición terá lugar o Sábado de Entroido, 14 de febreiro, ás 19,00 horas na Praza Maior. O goberno local aposta decididamente por recuperar este volver celebrar o certame para poñer en valor a composición orixinal e a parodia festiva.
O alcalde limiao, Amador Díaz, destacou a importancia histórica desta cita: “Recuperar o Festival da Canción Humorística é devolverlle ao noso Entroido unha das súas ferramentas máis poderosas: a retranca. Queremos que a veciñanza volva tomar a palabra na Praza Maior co enxeño e a música que sempre nos definiron como vila”.
1.000 euros en premios
Este concurso musical premiará aspectos como a estética, a posta en escena e, moi especialmente, o humor das letras, polo que se estableceron tamén tres premios de 500, 300 e 200 euros para os mellores clasificados. Os colectivos interesados, que deberán estar formados por entre cinco e 15 persoas, poderán formalizar a súa inscrición ata o día 9 de febreiro ás 20,00 horas mediante o formulario dispoñible na web (xinzo.gal)
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DÍA DE LAS BIBLIOTECAS
Xinzo de Limia llena su biblioteca de actividades
Pulmón comercial
La plaza de abastos de Xinzo de Limia está lista para su reapertura
Lo último
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Tragedia en Zamora: mueren dos adultos y dos menores en una salida de vía en Malva
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy domingo, 1 de noviembre
DESAPARECIDOS EN OURENSE
Localizan a una persona desaparecida en Barbadás caminando en la carretera N-525