Unha malla para pellets do alumnado do IES Cidade de Antioquía de Xinzo, premiada no InnovaTech

FP

Alumnado do IES Cidade de Antioquía de Xinzo gaña o InnovaTech FP 2025 cun innovador produto biodegradable para o sector forestal

Coordinadora e alumnado do proxecto.
Coordinadora e alumnado do proxecto.

O alumnado de 1º do ciclo superior de Xestión Forestal e do Medio Rural do IES Cidade de Antioquía de Xinzo gañou o InnovaTech FP 2025, un programa da Xunta para o fomento da innovación tecnolóxica, ao resolver os retos propostos pola empresa Grupo Gestán de biomasa forestal de forma satisfactoria.

“Produtos alternativos para reducir a estacionalidade nas plantas de biomasa forestal” era a cuestión á que se que enfrontaron, e que resolveron “cunha malla que ten moitas aplicacións a nivel forestal e agronómico: evitar malas herbas, conservar a humidade, redución a erosión de solos incendiados, protexer plantas novas na repoboación forestal e incluso eliminar malas herbas de xeito natural”, explica Verónica López, coordinadora do proxecto, que recibiu un premio de 10.000 euros para desenvolver a idea e poñela en marcha de xeito empresarial.

Nerea Lama, Jairo Fernández, Brais Domínguez e Óscar Parada crearon un produto axustado á cadea de produción da empresa, que se pode vender noutras estacións, e que só cambia o sistema de prensado para o pellet. “Son totalmente biodegradables e están feitas de fécula de pataca para darlles elasticidade”, apunta Verónica.

“A experiencia foi bastante dura, xa que os alumnos tiveron que combinar os seus estudos do ciclo, sumado a que algúns deles están traballando, máis o desenvolvemento do proxecto”, quixo destacar Verónica.

Contenido patrocinado

stats