Xinzo énchese de cantigas polas Letras Galegas
Cultura
Os alumnos do IES Lagoa de Antela e do IES Cidade de Antioquía participaron onte pola mañá na Foliada das Letras
Os alumnos do IES Lagoa de Antela e do IES Cidade de Antioquía participaron onte pola mañá na Foliada das Letras, que tivo lugar na Praza Maior de Xinzo.
O proxecto comezou “ó saber que este ano o Día das Letras Galegas estaría dedicado ás cantareiras”, explicou a profesora María Dolores Cid, que tamén é coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega no IES Lagoa de Antela.
Os alumnos recolleron cantigas, non só das súas familias, senón que tamén se achegaron ó centro de día. Para difundir esta recompilación, prepararon uns vinilos, que se pegaron por diferentes establecementos da vila. Teñen un código QR incluído para poder escoitalas directamente das informantes. Convidaron a Matilde, veciña de San Pedro de Laroá, que foi unha das informantes, para que participase na foliada.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
ESTACIONES METEOROLÓGICAS
Ourense concentra las cinco temperaturas más bajas de Galicia: todas por debajo de cero grados
DESCENSO TÉRMICO
El frío invernal llega a Ourense esta semana
UN CHAMAMENTO EN GALEGO
Lamas Carvajal, La Región e Ourense