HONRA A SANTA CRUZ
Ni la lluvia frenó los bailes de los ocho Danzantes de Lamas
SITUACIÓN GRAVE
O alcalde de Xinzo de Limia, Amador Díaz, decreta a activación do Plan Municipal de Inundacións ante a situación de emerxencia e coordina a resposta con todas as administracións. O rexedor asinou ás 11:30 horas o decreto que pon en marcha o "Plan de actuación municipal fronte ao risco de inundacións en Xinzo de Limia". Con esta medida, ponse en marcha un Posto de Mando Avanzado (PMA) presidido polo propio rexedor, quen asumiu o control directo da emerxencia coordinando os efectivos da Policía Local e da Agrupación de Protección Civil. O obxectivo é centralizar a resposta e garantir a seguridade da veciñanza ante un episodio meteorolóxico sen precedentes recentes na vila.
O Concello informou da gravidade da situación a Educación, Confederación Hidrográfica, Delegación do Goberno, Emerxencias de Galicia, Fomento e Deputación.
Aumenta a lista de vías cortadas e instalacións afectadas: institutos con auga, cancélanse as actividades no Campo da Moreira e vixíase o risco no Pavillón e nas Piscinas.
Dada a magnitude das incidencias, o Goberno local mantense en contacto permanente co resto de administracións competentes. O Concello xa trasladou a situación e coordinou actuacións con:
A situación na rede viaria complicouse nas últimas horas, obrigando ao peche de numerosos puntos por seguridade:
A auga non só afecta aos dous institutos (IES Lagoa de Antela e IES Cidade de Antioquia), senón tamén ás infraestruturas deportivas. O Campo da Moreira atópase asolagado, polo que o Concello ordenou a cancelación de todas as actividades previstas nesta instalación. Así mesmo, mantense unha vixilancia intensiva sobre o Pavillón de Deportes, as Piscinas Municipais e o estadio J.A. Carrera, que se atopan en risco pola acumulación de augas.
Declaracións e chamamento á prudencia Amador Díaz, que segue supervisando o operativo desde o PMA e visitando as zonas máis críticas, insiste na necesidade de autoprotección: "Activamos todos os resortes legais e operativos dos que dispón o Concello. A situación é moi complexa e cambiante, polo que rogamos aos veciños que respecten escrupulosamente os cortes de estrada e non se expoñan a riscos innecesarios".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
HONRA A SANTA CRUZ
Ni la lluvia frenó los bailes de los ocho Danzantes de Lamas
Dignificación da figura
O rexurdir da Pantalla de Xinzo de Limia
A DEBATE O AUDITORIO
Os nacionalistas critican o novo auditorio de Xinzo de Limia
Lo último