Xinzo de Limia goza dunha morea de actividades este Nadal
ATA DESPOIS DE REIS
Entre as actividades deste Nadal en Xinzo de Limia destaca a “Agrocabalgata” que fixo desfrutar aos veciños cos seus adornos
A vila limiá goza nestas datas de Nadal dunha morea de actividades para tódolos públicos e idades que non rematarán ata despois de Reis.
Unha destas citas que desfrutan tanto maiores coma cativos é a tradicional “Agrocabalgata”, un evento encabezado por unha comitiva de tractores vestidos e iluminados con decoracións únicas de Nadal que percorreron as rúas da vila a tarde de noiteboa. Centos de veciños encheron a praza Maior da vila para gozar desta singular cabalgata, ademais dunha tarde de ocio en compañía dos seus achegados.
A praza Maior tamén acolleu a recepción de Papá Noel á que decenas de cativos se achegaron para pedirlle de primeira mau os seus agasallos. Así, estes días os máis novos tamén puideron asistir á actuación dos Bolechas no auditorio Ángel Cocho, que tamén acolleu o tributo á Oreja de Van Gogh “Cuéntame al oído”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DÍA DE LAS BIBLIOTECAS
Xinzo de Limia llena su biblioteca de actividades
Pulmón comercial
La plaza de abastos de Xinzo de Limia está lista para su reapertura
Lo último
UNA VIDA DE COLECCIÓN (LIII)
El mundo visto a través de una cámara
TRAGEDIA FERROVIARIA
Crece la presión política para que Sánchez releve a Puente
Jenaro Castro
TRAZADO HORIZONTAL
La casa okupada
SENDA 0011
Quien planta un souto