Xinzo de Limia comezará a protexer as colonias felinas
A través da labor de voluntarios
Os veterinarios farán unha avaliación previa do animal, acompañada dun proceso de desparasitación e esterilización
O Concello de Xinzo de Limia publicou o novo protocolo de xestión de colonias felinas. Esta medida foi aprobada no último pleno por unanimidade. Nesta nova acta regúlase unha serie de servizos para os que se intentará acadar convenios de colaboración con administracións públicas de maior tamaño para tratar de xestionalas de xeito máis completo que coas limitacións orzamentarias que sufre o Concello de Xinzo de Limia.
Neste protocolo recóllense medidas para protexer aos gatos rueiros da vila, aplicando a lexislación vixente sobre malos tratos animais e na normativa para a protección de animais. Ademais dun proceso de documentación, control e censo municipal das colonias felinas e sinalar onde se atopan. Este traballo farase a través de voluntarios e asociacións protectoras de animais, que dende o concello favorecerán e protexerán a súa labor e poderán ser acreditadas dun carné ou xustificante da actividade de protección e coidado logo de atender un curso.
Tamén se procurará fomentar convenios de colaboración coas clínicas veterinarias do municipio e as asociacións protectoras da provincia para efectuar, de xeito progresivo, o método CES (Captura-esterilización-solta) en Xinzo. Finalmente, tamén se realizarán talleres de educación contra o abandono e os malos tratos animais, alén de campañas que conciencien da esterilización dos animais domésticos.
Labor altruista
Este proxecto apóiase no labor altruísta dos veciños, colectivos e asociacións de Xinzo de Limia que desexen colaborar co proxecto, ademais dos veterinarios, quen xunto co Concello traballarán pola protección animal, na que se realizará unha primeira avaliación da zona e dos lugares onde se atopan os animais, número de exemplares existentes e valoración da situación. Logo levarase a cabo o acondicionamento do lugar de localización da colonia: retirada de lixo acumulado como consecuencia directa da colonia e habilitación das zonas de alimentación e acubillo.
Os colaboradores autorizados procederán a capturar os gatos da colonia asinada, seguindo as pautas e métodos de captura que se lle indiquen e sempre de maneira coordinada cos veterinarios colaboradores. Os veterinarios logo encargaranse de facer unha avaliación previa do animal, acompañada dun proceso de desparasitación interna e esterilización cirúrxica. Tamén procederán a marcar estes felinos e identificalos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SISTEMAS AUMENTATIVOS
Os pictogramas guían ós cativos do colexio Rosalía
CIVITAS LIMICORUM
Xinzo de Limia revivió su herencia romana encendiendo el fuego sagrado
"AULAS SEN FUME"
Os cativos de Xinzo de Limia, contra o fume
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
CORREDOR LOCAL MÁS RÁPIDO
Fermín Sousa recoge el premio José Luis Outeiriño del 59º Rally de Ourense
ARRANCA LA TEMPORADA
Galería | El parque acuático de Monterrei abre sus puertas con nuevas atracciones