Xinzo presume de xestión ante unha delegación latinoamericana
VISITA AO MUNICIPIO
O alcalde Amador Díaz recibiu a representantes políticos e académicos latinoamericanos participantes nun programa internacional de liderado
O alcalde de Xinzo de Limia, Amador Díaz, recibiu esta semana unha delegación de representantes de México, Ecuador e Bolivia, entre eles reitores, maxistrados e responsables políticos, para trasladarlles o funcionamento da administración local e os servizos públicos que xestiona o municipio limiao.
Esta visita enmárcase nun diplomado internacional de liderado organizado polo Instituto Internacional de Marketing e Comunicación, cuxo director, Eladio Jardón, natural de Baltar, salientou o valor de amosar a realidade municipal galega. A xornada incluíu unha charla sobre comunicación institucional a cargo de Marcos Argibay.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CERTAME DE BANDAS
El futuro de la música limiá alcanza el oro a nivel gallego
COMERCIO LOCAL
La Plaza de Abastos de Xinzo, lista en noviembre
Lo último