Xinzo visibilizará a súa cultura e música popular
TRADICIÓN
O bailador Artur Puga conduce unha xornada aberta con obradoiros
O Concello de Xinzo de Limia reforza a súa programación de Semana Santa cunha proposta centrada na posta en valor das raíces locais. Así, este xoves a vila converterase no escenario dunha completa xornada dedicada á cultura tradicional e popular da comarca.
Esta actividade estará dirixida por Artur Puga, recoñecido bailador e docente que destaca como unha das figuras máis activas na recuperación e ensino do patrimonio inmaterial galego na actualidade, cunha traxectoria consolidada como coreógrafo e percusionista. Ademais de dirixir a escola itinerante Seisporoito, o seu traballo gañou proxección pola súa participación en proxectos musicais de gran repercusión como os de Tanxugueiras ou Mondra.
A programación, organizada pola Concellería de Cultura co apoio da asociación cultural A Pantalla, inclúe catro citas ao longo do día. A actividade comezará ás 11,30 horas cun obradoiro de baile na Praza Carlos Casares. Pola tarde, ás 16,30, o salón de plenos do Concello acollerá unha exposición sobre os traballos de recuperación realizados na comarca. A formación continuará ás 18,30 cun obradoiro de percusión e canto nas instalacións do Museo do Entroido. Como peche festivo, a Praza de Oriente será o lugar escollido para o concerto dos Meninos do Pandeiro ás 21,00.
Inscricións
Aínda que todas as actividades son de balde, as prazas para os obradoiros son limitadas para garantir un correcto desenvolvemento das clases, polo que é obrigatorio formalizar unha inscrición previa. As persoas interesadas poden anotarse escaneando o código QR dos carteis informativos ou cubrindo o formulario electrónico nas redes sociais do Concello.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INSTALACIONES EXTERIORES
Abren las piscinas de Xinzo de Limia: horarios, precios y novedades de este verano
Lo último
VIAJAR ES UN PLACER
El turismo masivo ya afecta al 77% de los viajeros de negocios en España
CRIBADO BAJO INVESTIGACIÓN
La Fiscalía de Málaga investiga los más de 400 falsos positivos detectados en el cribado de cáncer de colon
ACCIDENTE DE TRÁFICO EN OURENSE
Herida grave una motorista al chocar con una furgoneta en Loñoá
RECHAZADOS ARGUMENTOS DE DEFENSA
El Supremo confirma que García Ortiz deberá pagar 39.000 euros en costas por el caso del novio de Ayuso