"UN CONCERTO DE PELÍCULA"
Os máis cativos de Xinzo encheron o “Angel Cocho”
Agricultura
A Consellería do Medio Rural, a través do Centro de Investigacións Agrarias de Magebondo (CIAM), organizou no concello ourensán de Xinzo de Limia as Xornadas do Grupo para a Avaliación de Novas Variedades de Cultivos Extensivos en España (Genvce), co obxectivo de dar a coñecer ao sector dos cereais as novas variedades recentemente rexistradas e impulsar a renovación varietal nesta comarca.
Durante a xornada, o investigador responsable do ensaio, Luis Urquijo, expuso o desenvolvemento das diferentes variedades e presentou os datos recollidos ao longo deste 2025. Ademais, os asistentes ao evento tiveron a oportunidade de observar as diferenzas entre variedades en aspectos como a sensibilidade ás enfermidades, a altura das plantas, a densidade das espigas e a maduración do gran, podendo facer unha estimación da rendibilidade das variedades mostradas. Esta interacción permitiu tamén recoller as impresións, necesidades e preferencias dos agricultores da zona.
Ata o de agora, neste ano testáronse un total de 11 variedades de trigo e tres liñas semienanas desenvolvidas no propio centro, todas procedentes dun programa de mellora xenética. Tamén se analizaron catro variedades de centeo híbrido.
O CIAM vén realizando ensaios no marco da Rede Genvce desde o ano 2001, co fin de avaliar a adaptabilidade das novas variedades en Galicia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
"UN CONCERTO DE PELÍCULA"
Os máis cativos de Xinzo encheron o “Angel Cocho”
TRAS UNA SALIDA DE VÍA
Un herido al ser atropellado por su propio coche en Xinzo de Limia
FEIRA DAS MOZAS
Xinzo baila baixo a chuvia ao ritmo que marca a súa tradición
RETOMANDO LA TRADICIÓN
Galería | Xinzo de Limia viaja 50 años al pasado y celebra la 5ª Feira das Mozas
Lo último
SEGUNDO DE BACHILLERATO
Galería | El IES Otero Pedrayo despide a 140 alumnos en una emotiva graduación
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada Ourense: Buses, lo medible no es opinable