Xornal Escolar
Galería | Ecovigilantes plantan cara a las colillas
Aulas abertas
Chegaban con moita expectación por saber como se fai un xornal e como se emite un programa de televisión. Pero tamén chegaban moi preparados, listos para tomar nota de canto aprendía para poñelo en práctica no proxecto xornalístico que están a desenvolver na súa aula. Así, os alumnos do colexio Mestre Vide de Ourense tiveron a oportunidade de converterse en xornalistas por un día trasladándose ata as instalacións de La Región e Telemiño para comprobar de primeira man en que consiste o oficio dos xornalistas.
Moi emocionados, os mozos e as mozas ourensáns percorreron a redacción, o plató e a sala de control abraiados e con moitas preguntas sobre o proceso de traballo e a utilidade de tódalas máquinas e botóns. Mesmo tiveron a oportunidade de ocupar as cadeiras do plató para facer de presentadores, amosando moitas mañas diante das cámaras.
Foi unha xornada moi especial na que o pasaron de marabilla e, sobre todo, aprenderon moito sobre xornalismo e comunicación.
Ó igual que fixeron os alumnos do Mestre Vide, o resto dos escolares da provincia tamén poden achegarse a coñecer La Región e Telemiño. Se á túa clase lle apetece viistarnos, poden solicitalo a través do teléfono 988 604 076 ou a través do enderezo electrónico marketing@laregion.net.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
FESTA DA XUVENTUDE
Bousés arranca tres días de festa impulsados pola súa mocidade
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Tontos útiles
Fernando González
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Tensión e cansazo
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Después del Código Hays