xornalescolar_2710_lixoteca_09
xornalescolar_2710_lixoteca_09

Un boneco que camiña só

Publicado: 27 oct 2021 - 05:00 Actualizado: 26 oct 2021 - 14:38

Hoxe imos facer un boneco que camiña só e co que poderás sorprender ós teus amigos.

Os materiais que necesitamos son moi doados de atopar: dous vasos de papel, cartolinas de cores, unha goma elástica, unha pila que estea gastada, celo, tesoiras, pegamento e uns olliños decorativos.
1/6 Os materiais que necesitamos son moi doados de atopar: dous vasos de papel, cartolinas de cores, unha goma elástica, unha pila que estea gastada, celo, tesoiras, pegamento e uns olliños decorativos.
xornalescolar_2710_lixoteca_09
2/6 O primeiro que faremos será decorar o boneco como máis che guste. Nós fixemos unha pitiña con tres pequenos anacos de cores e uns olliños decorativos. Para as ás, tan só terás que recortar un rectángulo con dúas das puntas redondeadas. Unha cresta como prefiras e un triángulo para o pico. Pero podes facer o que queiras.
Para que o boneco camiñe ben, tes que prestarlle atención a este paso. Deixamos os vasos a un lado e collemos a pila, a goma e un pouco de celo. Rodea a pila coa goma elástica e aprétaa contra os laterais da pila. Rodea con celo para que quede todo ben fixado como ves na imaxe.
3/6 Para que o boneco camiñe ben, tes que prestarlle atención a este paso. Deixamos os vasos a un lado e collemos a pila, a goma e un pouco de celo. Rodea a pila coa goma elástica e aprétaa contra os laterais da pila. Rodea con celo para que quede todo ben fixado como ves na imaxe.
Para continuar e cando teñas o boneco totalmente decorado nun dos vasos de papel, o que terás que facer é cortar dúas pestaniñas na parte inferior, o lado polo que se bebe. Unha vez que estean dobradiñas, introduce o vaso ó que non lle fixemos nada dentro do que está decorado.
4/6 Para continuar e cando teñas o boneco totalmente decorado nun dos vasos de papel, o que terás que facer é cortar dúas pestaniñas na parte inferior, o lado polo que se bebe. Unha vez que estean dobradiñas, introduce o vaso ó que non lle fixemos nada dentro do que está decorado.
Agora que a pila e a goma están unidas, collemos os vasos e pasamos as dúas puntas que quedaron libres nas pestanas que cortamos no vaso que quedou por arriba. Engánchaa aí e pega con celo para que non escape. Xa case estamos listos para botar a andar o noso boneco.
5/6 Agora que a pila e a goma están unidas, collemos os vasos e pasamos as dúas puntas que quedaron libres nas pestanas que cortamos no vaso que quedou por arriba. Engánchaa aí e pega con celo para que non escape. Xa case estamos listos para botar a andar o noso boneco.
Agora si que estamos listos! Para que o boneco camiñe terás que seguir un paso máis: darlle moitas voltas á pila sobre si mesma para que a goma quede moi enroscada. Sen soltala, coloca o boneco sobre a vase dos vasos, sóltao e comezará a camiñar ó tempo que a goma se vai desenroscando. Xa sabes… Mans á obra!
6/6 Agora si que estamos listos! Para que o boneco camiñe terás que seguir un paso máis: darlle moitas voltas á pila sobre si mesma para que a goma quede moi enroscada. Sen soltala, coloca o boneco sobre a vase dos vasos, sóltao e comezará a camiñar ó tempo que a goma se vai desenroscando. Xa sabes… Mans á obra!

Contenido patrocinado

También te puede interesar

Lo último

stats