Castro de Baronceli
O meu cole chámase...
Vestixios castrexos
Castro de Baronceli ou “Baroncelle” é o nome polo que se coñece, segundo moitos historiadores, ó asentamento castrexo que ocupaba o lugar onde hoxe se empraza o Castelo de Monterrei. Crese que foron os seus habitantes os que habitaron a vila romana a partir da cal naceu a poboación de Verín. O castro pasou a ser castelo e nel asentáronse importantes familias da época medieval, como os Ulloa, os Zúñiga ou mesmo os Duques de Alba.
Fortaleza e castelo
O Castelo de Monterrei, hoxe ubicado na localidade do mesmo nome, serviu de fortaleza durante moitos anos e preside todo o val do río Támega. Hoxe é unha das fortalezas mellor conservadas de Galicia e está declarada como Monumento Nacional dende o ano 1931, ademais de Ben de Interese Cultural. A orixe do castelo está documentada a principios do século X e posteriormente reedificada no século XII.
Instituto en Verín
A pesar de que o antigo Castro de Baronceli foi evolucionando ata o que hoxe é o Castelo de Monterrei, os veciños da contorna lémbrano cada día dende o Instituto de Educación Secundaria que leva o seu nome e ó que acoden a diario estudantes de toda a comarca. Durante o curso organizan diferentes actividades, como foi o caso da última Romaría das Letras centrada na promoción da cultura galega.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este sábado, 13 de diciembre, en Ourense
PODCAST Y VÍDEO
EL PRIMER CAFÉ | Sábado, 13 de diciembre
SIN SANCIÓN PARA LA TRABAJADORA
El juez anula la sanción que impuso el Colexio da Avogacía de Ourense a una empleada