Xornal Escolar
Galería | Ecovigilantes plantan cara a las colillas
XORNAL ESCOLAR
Baixo o lema “Sementa, que algo queda”, o colexio de Baños de Molgas acolleu unha xornada de educación viaria destinada a concienciar aos máis novos sobre a importancia da seguridade nas estradas. A actividade contou coa colaboración de membros da Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense, que se desprazaron ata o colexio para impartir os seus coñecementos. Para facilitar a proposta, o alumnado organizouse en dous grupos de traballo compaxinando formación teórica con dinámicas prácticas. O obxectivo principal foi dobre; por unha banda, garantir que os nenos e nenas se despracen hoxe de xeito seguro polas rúas, xa sexa como peóns ou usuarios de bicicletas e outros medios de transporte; e por outra, sentar as bases da súa responsabilidade civil como futuros condutores de vehículos a motor no día de mañá.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
ENLACE CON LA AG-53
Un accidente múltiple deja al menos 3 heridos en la A-52 a la altura de Toén
OPERATIVO DE TRASLADO
Comienza el traslado de los migrantes de las playas de Ceuta al campamento del puerto
EVOLUCIÓN FAVORABLE
El incendio de Quiroga queda estabilizado tras quemar 420 hectáreas