Xornal Escolar
Ecología integral
O programa Ourense Medieval traslada ós alumnos dos colexios e institutos da cidade ata outra época mediante as fontes históricas conservadas (documentos, edificios, rueiro...) para que as novas xeracións coñezan como era a cidade e como vivían os seus veciños na Idade Media.
Para iso, os participantes realizan unha visita guiada polo centro histórico acompañada de material didáctico e dun caderno de traballo para, a continuación, escenificar diferentes situacións históricas vinculadas ao concello medieval ourensán.
Con esta proposta, a Concellería de Educación busca recoñecer e respectar o legado medieval do contorno no que se habita, descubrir o método de investigación da historia e o traballo do historiador e descubrir a orixe medieval das institucións municipais.
Nesta ocasión, foron os alumnos do IES As Lagoas os que durante dúas xornadas participaron nas diferentes sesións da proposta didáctica sorprendéndose dos vestixios medievais que aínda son tan visibles nas rúas que percorren cada día. Segundo explican os guías, a actividade é un éxito ó chamar atención dos mozos e mozas sobre a ampla historia da súa cidade, máis alá dos grandes símbolos como a Catedral, a Ponte Romana ou As Burgas, senón que tamén está en todo o plano urbano.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xornal Escolar
Ecología integral
Xornal Escolar
Galería | Maristas, subcampeones en la liga de drones
Xornal Escolar
Galería | Las matemáticas más divertidas
Lo último
MERCADO DE EXCELENCIA
Carballiño y Xinzo de Limia, al frente de la renovación de las Plazas de Abastos
DOS DÍAS DE ACTIVIDADES
La aldea de Toro, en Laza, volverá a llenarse con 250 moteros
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Hacerse un Sánchez