Xornal Escolar
Tempo de troula e de conciliación con Amencer
XORNAL ESCOLAR
A estas alturas do curso son protagonistas os exames, pero tamén as saídas culturais e as excursións que tan intensamente viven os escolares e coas que gozan sen límites. Un exemplo delo é a recente actividade na que participaron os alumnos e alumnas de 5 anos do CEIP Carlos Casares de Xinzo de Limia. Acompañadas polas súas mestras, dúas clases, esto é preto de medio cento de nenos e nenas participaron nunha apaixonante visita á Illa de San Simón, sita ao carón da illa de San Antón, na ría de Vigo.
A xornada foi fantástica e os escolares como aventureiros que son xa partiron cara ao seu destino vestidos de piratas. Esta excursión foi así o colofón a un proxecto sobre piratas no que traballaron durante meses.
No punto de destino, todos xuntos, acompañados polos mestres disfrutaron dunha divertida xincana e tiveron que seguir unhas pistas para acadar un tesouro que supostamente estaba agochado na illa, pero que finalmente non existía. Compartiron tamén unha comida campestre e xa pola tarde participaron en numerosos xogos. Agotados pero felices, antes de regresar a Xinzo de Limia, desfrutaron dunha estupenda merenda, durante a que aproveitaron para intercambiar impresións e anécdotas dunha fantástica excursión que, a bo seguro, non esquecerán.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xornal Escolar
Tempo de troula e de conciliación con Amencer
Xornal Escolar
O Campamento Urbano de Amencer, un clásico das vacacións
Lo último
PRIMERA PROMOCIÓN DE GRADUADOS
La “lotería” de haber apostado por la IA antes de su estallido
Julián Pardinas Sanz
La curiosa falacia del comunismo democrático
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Nuestra propia experiencia en accidentes ferroviarios
EPICENTRO TECNOLÓGICO
El DevFest lleva a debate el futuro de la tecnología