Xornada azul pola diabete en Seixalbo
O colexio de Seixalbo conta este ano con catro alumnos con diabete de tipo 1 e, por iso, están moi sensibilizados con esta problemática. Ademais de todas as actividades que están realizando durante o curso, conmemoraron dun xeito especial o Día Mundial da Diabete.
Durante esa xornada, toda a comunidade educativa de Seixalbo se uníu no patio para facer un gran círculo azul, símbolo deste día. Todo isto ó son da canción Azul, do grupo Elefantes e amenizaron a actividade cun podcast gravado por dous alumnos de sexto. Ademais, fixeron un gran mural conmemorativo.
Para rematar o ciclo de propostas, recibiron un taller sobre esta enfermidade impartido pola asociación diabética Auria.
Contenido patrocinado