IMPULSO AL CAMINO DE SANTIAGO
Xunqueira de Ambía impulsa un albergue para peregrinos
Cultura Inquieta
O Tangaraño Cultural de Sobradelo, unha aldea de Xunqueira de Ambía que ten apenas 20 veciños, celebra este ano a súa 12ª edición. Esta cita, que se celebrará o vindeiro sábado 31 de maio, achega unha alternativa cultural ó rural, que este ano mestura música, poesía, gastronomía e humor. Tamén realizan actividades populares e obradoiros ó longo do día.
Está organizado pola Asociación Cultural homónima, que en realidade é unha soa persoa, Rochi Nóvoa. Para sacar adiante este evento, que “ten moitísimo traballo que non se vé”, e que require de “meses de organización e de pedir favores, de que che devolvan favores”, Rochi conta ca axuda de “os meus fillos que me botan unha man, o meu home e as miñas irmás”.
O evento naceu da “inquedanza” dos veciños, que non coñecían outras cousas que non fose o habitual, “é difícil achegar á xente todo o que non sexa unha charanga ou unha orquestra, como o teatro ou a poesía”, explicou Rochi.
“Empezou sendo unha reunión, que pretendía xuntar ós meus colegas e que os meus pais viran o que eu andaba facendo por aí cando non viña para a casa”, dixo a organizadora, “pretendíamos tocar, recitar e comer todos xuntos, pero a idea gustou bastante e animouse moita xente”, aclarou, “tivemos que pasar dunha reunión de amigos a unha xuntanza pública”.
Con esta xuntanza, a asociación intenta “achegar algo diferente para enriquecer a vida no pobo”, e segundo comenta Rochi, “levamos realizando este tangaraño doce anos por amor ó arte, e nunca mellor dito”.
“Todo o que propomos sae adiante, e cando pregunto quen quere vir ó día seguinte temos as horas completas”, explicou Rochi respecto á selección de artistas.
Os artistas invitados tamén asisten de balde, e Rochi explica que o Tangaraño non se fai “para gañar cartos”, senón que o evento “é unha lanzadeira” para os participantes. A cita é de balde, conta con comida a prezos populares e o público “vén entregado”.
Para afrontar os gastos que supón a infraestrutura e o pago dos seguros necesarios, a asociación non recibe “cartos de ninguén”, senón que os recadan a través da tómbola. Os establecementos locais adoitan sortear experiencias ou produtos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
IMPULSO AL CAMINO DE SANTIAGO
Xunqueira de Ambía impulsa un albergue para peregrinos
FUNDACIÓN BIETO LEDO
O Carballo de Padroso recorda ao “profesor” Alonso Montero
Prevención de inundacións
A Hidrográfica limpa o cauce do río Pozo Grande en Ambía
Lo último