Reforma e ampliación do CEIP Padre Crespo de Ambía
EDUCACIÓN LOCAL
Con estas intervencións, o Executivo autonómico busca mellorar as condicións do centro educativo ampliando espazos e reformando os aseos cun novo saneamento e melloras na accesibilidade do edificio
O CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía súmase á lista de centros educativos do rural que están a mellorar a súa infraestrutura, neste caso ampliando e reformando o interior do centro escolar grazas á inversión da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de máis de 360.000 euros.
Con estas intervencións, o Executivo autonómico busca mellorar as condicións do centro educativo ampliando espazos e reformando os aseos cun novo saneamento e melloras na accesibilidade do edificio. O delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, explicou durante a súa visita ao centro, na que estivo acompañado do alcalde José Luis Gavilanes, que o obxectivo é dotar aos centros da provincia das mellores condicións “para garantir unha educación de calidade”.
Os traballos consistiron nunha ampliación sobre o patio cuberto que alberga unha aula, un despacho, unha sala de profesores e os aseos, que se trasladan desde a súa localización actual, por ser extremadamente escasos en canto a superficie e claramente incómodos. No edificio nordés, destinado a aulas, reformáronse os aseos, substituíndo as instalacións de abastecemento e saneamento, así como pezas e acabados. Neste edificio, colocouse un trasdosado directo de placas de xeso laminado pintadas con illamento nas zonas das aulas con máis problemas de humidade.
Pardo salientou que estes traballos súmanse ás actuacións que ten despregadas a Xunta en máis de 1.600 edificios escolares da Comunidade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
VÍA DE LA PLATA
Peregrinos del mundo, unidos junto al Carballo de Padroso
BIEITO LEDO
Pelegríns homenaxearán o carballo de Padroso
COLABORACIÓN INSTITUCIONAL
Xunqueira de Ambía estrena nueva residencia para mayores
Lo último
EN VERÍN, POR LA A-52
Un conductor serbio viajaba por Ourense con 1,3 millones en cocaína
GRANDES TENEDORES DE OURENSE
Doscientos ourensanos tienen en propiedad diez viviendas o más
INCENDIOS EN OURENSE
Vandalismo nocturno: a juicio la oleada de fuegos en el Macizo Central