II MOSTRA DE GANDO
Xunqueira de Espadanedo presumió de riqueza ganadera local
TROULA E TRASNADAS
No Concello de Xunqueira de Espadanedo, a Semana Santa vén acompañada doutra tradición, o Sábado Longo, celebrado na noite do Sábado Santo ao Domingo de Resurrección. Unha cita de troula e celebración, na que os mozos realizaban trasnadas que eran socialmente aceptadas polos veciños.
Esta noite de desenfreo recibe diferentes nomes segundo o lugar, pero sempre vinculados á festa e as trasnadas. Na aldea veciña de Niñodaguia recibe o nome da Noite das Argalladas, mentres que en outras localidades máis afastadas, coma Ombreiro, en Lugo, é a Noite das Trangalladas.
A argallada que facían os mozos de Espadanedo centrábase en “roubar” os carros aos veciños, levándoos dende diferentes puntos da contorna ata o Sagrado do Mosteiro de Santa María, no corazón da localidade, onde permanecían ata o domingo atados entre eles.
O alcalde, Pablo Graña, contou que esta tradición mantívose -e creceu- grazas á Asociación Cultura Os Xuncos “que manteñen os carros e permiten que a xente volva atoparse coa mesma estampa que fai anos”.
María Alonso, presidenta dos Xuncos, explicou que fai preto de dez anos tomaron a decisión de levar entre cinco persoas os carros, logo de saber non se ía seguir facendo. “Falamos cos veciños e buscamos carros para mercar, outros cedéronnolos. Xa temos varios na asociación para que non se perdan e imos restaurándoos cada ano”.
“Antes viñan desde distintos lugares da contorna cos carros, facéndoos cantar. Nós intentamos imitalo e levámolos ata Reboreda, Barrio e A Graña para logo baixalos todos xuntos”, conta María, explicando que esta tradición era responsabilidade dos varóns solteiros, pero que hoxe participa todo o mundo, e de feito, “quen está recuperando a tradición son os homes casados que o viven coa morriña dos tempos de antes, e llo inculcan as novas xeracións para que o sigan mantendo”.
Este sábado 4 de abril, a localidade acollerá a celebración dende as 12,30 horas, cando comezará a sesión vermú antes do xantar popular. Tamén haberá cea, que dará paso pasadas as 23,00 horas. Será o Domingo de Resurreción, 5 de abril, cando os veciños e visitantes poidan desfrutar deles colocados ao carón do Mosteiro, onde tamén actuará a banda de gaitas Os Xuncos logo da misa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
II MOSTRA DE GANDO
Xunqueira de Espadanedo presumió de riqueza ganadera local
REFORZAR LA ACTIVIDAD
Casi 190.000 euros para un nuevo pastizal de 29 hectáreas en Xunqueira de Espadanedo
RECUPERAR SABERES
O Museo de Olería de Niñodaguia, berce do cambio no rural
II MOSTRA DE GANADO
Espadanedo cita al mejor ganado de la provincia
Lo último
crisis de fundamentos en Occidente
Mayor Oreja dibuja un país directo a la ruptura
GALICIA, EN NIVELES EXTREMOS
Ourense roza la máxima de calor y marca la mínima del temperatura en Galicia