GASTOS DE PRODUCCIÓN
El estrés hídrico hace mella en la agricultura de A Limia
Actividades
Os espazos máis significados do concello de Rairiz de Veiga serán escenario, o vindeiro domingo día 27 de maio, da cuarta edición da andaina popular "O Agarimo da Natureza", e que se presentou onte no Pazo Provincial coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e a alcaldesa de Rairiz de Veiga, Asunción Morgade. No acto tamén estiveron presentes o responsable da Agrupación de voluntarios de Protección Civil, Julio Domíguez, e Ana Míguez, como representante da organización desta proba.
"Estamos diante dunha magnífica ocasión para dar a coñecer este municipio, máis aló da súa tradicional Festa de Mouros e Cristiáns", apuntou o vicepresidente da Deputación, institución que colabora nesta andaina "como en moitas outras, pois serven para amosar a notable riqueza natural e cultural do noso territorio".
A convocatoria, que comezará ás nove e media da mañá do último domingo de maio, día 27, terá un percorrido duns vinte quilómetros, pasando polas veigas de Ponte Liñares, o Castelo da Saínza, a Vía Nova recentemente rehabilitada, así como tamén a Carballa da Rocha, unha das árbores máis senlleiras de Galicia declarada monumento natural no ano 2006.
Asunción Morgade destacou que na presente edición haberá como novidade un circuíto infantil de dous quilómetros ao redor do campo da festa, subliñando que a andaina coincidirá ademais coa feira mensual de Rairiz. Os organizadores esperan ao redor de 200 participantes, mesmo chegados de Portugal como en anos anteriores. A inscrición poderá realizarse no Concello ata o mércores, día 23.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GASTOS DE PRODUCCIÓN
El estrés hídrico hace mella en la agricultura de A Limia
RECURSOS DEL TERRITORIO
El territorio Limia-Arnoia esgrime sus “25 motivos”
SUBIDA VERTIGINOSA
La subida del coste del gasoil pone a la comarca de A Limia en jaque
Lo último