Competencias discutidas
Los regantes de A Limia reclaman la puesta a punto de los canales
SOLIDARIDADE
O Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso" valora como "un éxito" o transcurso da segunda edición da campaña "Contribuíndo ó local, contribúes contigo".
O resultado da campaña mídeno os 800 quilos de alimentos, produtos de hixiene, limpeza e xoguetes recollidos. Os carros da compra enchéronse de legumes, leite, conservas, deterxentes, compresas, papel hixiénico, xabón...
Esta actuación enmárcase no "Programa de Atención Urxente a persoas en risco ou exclusión social", que está subvencionado polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.
O reparto das doazóns realizarase hoxe, 22 de decembro, ás 11,00 horas, na Praza de Abastos de Xinzo de Limia. Dende a organización advirten que só poderán retirar produtos aquelas persoas en situación de exclusión social que fosen valoradas previamente polo organismo. Dito proceso levarase a cabo nas dependencias que a institución posúe na Praza Maior de Xinzo.
Dende O Viso agradécenlles aos supermercados participantes e aos seus empregados, ás entidades que colaboraron, á parroquia de Santa María de Couso, ás voluntarias e voluntarios".Así mesmo, a asociación de Lodoselo congratúlase unha vez máis de que a sociedade da Limia se mova cando se trata de "causas sociais".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Competencias discutidas
Los regantes de A Limia reclaman la puesta a punto de los canales
GASTOS DE PRODUCCIÓN
El estrés hídrico hace mella en la agricultura de A Limia
Lo último
ANÁLISIS DEL ACCIDENTE
Tragedia en Urda: un sistema de los años 60 que no protege del fallo humano
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
¡Indignante!
EVOLUCIÓN DE PRECIOS
Los carburantes se abaratan cuatro semanas consecutivas
Fernando Ramos
El favor determinante de tensiones y violencia