JUICIO EN LA CIUDAD
Condenado por talar 15 robles que no eran suyos en Ourense
ENTREVISTA
A pesar da súa xuventude, a ourensá Arancha Nogueira ten unha ampla traxectoria literaria. A cervexaría O Moucho, un deses lugares fetiche para a autora, acolle hoxe ás 19,00 horas a presentación do seu último poemario. "Spleen en catro tempos" é unha reivindicación da xeración que está "entre os vintepico e os trinta e pico". "Ás veces utilízase a etiqueta de milenials con connotacións negativas pero penso que somos xente que afronta uns cambios tremendos coa máxima dignidade posible", di a autora.
Cal é ese "spleen" do título?
"Spleen" é como os antigos gregos lle chamaban ao bazo, porque crían que este órgano era o que regula o temperamento. Popularízase na literatura como sinónimo de capturar o temperamento dun lugar. Porque os lugares teñen carácter e nos inflúen. Eu fago un spleen de Santiago de Compostela, a cidade na que vivo, pero podería ser de Ourense ou de calquera outro lugar. Precariedade, turistificación, alugueiros caros… É un berro colectivo dunha xeración.
Que significado teñen os espazos na súa poesía?
Este poemario marca unha diferencia cos anteriores, máis íntimos. Aquí doulle máis importancia aos espazos públicos. A miña poesía é íntima e social. Creo que hoxe as mulleres reflexionemos sobre as cousas que nos interpelan é algo tremendamente social que é preciso colectivizar.
Publicou un poemario hai uns meses. A este ritmo, non ten medo á páxina en branco?
Un pouco, pero non tanto polo número de publicacións. Levo escribindo moitos anos. No momento no que non podes escribir, é certo que te angustias moito, porque é unha forma de vida e unha maneira de buscar a túa identidade.
En que momento se convertiu en modo de vida a poesía?
En 2013, cando gañei o premio Francisco Añón. Con el puiden publicar o meu primeiro poemario.
Escolle de novo a cervexaría O Moucho para a súa presentación.
Sí, escólloa por varias razóns fundamentais. É un sitio de referencia para min en Ourense, onde pasei tempo da miña xuventude.Por outra parte, creo que hai que deslocalizar a poesóa dos sitios moi elevados. A xente asociáa nalgunha ocasión a algo elitista, creo que por iso é tamén necesario levar a poesía aos bares.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
CANCELACIÓN DE ÚLTIMA HORA
Dani Martín cancela sus conciertos en Barcelona por una situación familiar de extrema gravedad
DETERIORO DE LA INTERMODAL
El PP reclama el cierre del túnel de los sintecho en la estación de Ourense