XORNAL ESCOLAR

Os escolares circulan por Xinzo en bicicleta

Xinzo de Limia. 07-06-17. Provincia. Día da bici celebrado nos Ceip Carlos Casares e Rosalía de Castro de Xinzo de Limia. Na foto a saida dos alumnos de primaria do ceip Rosalía de Castro.
Foto: Xesús Fariñas

Alumnado de infantil, Primaria e Secundaria ultilizaron este medio de transporte para demandar un carril-bici

Alumnado dos centros de ensino de Educación Infantil e Primaria e tamén de Secundaria de Xinzo de Limia participaron hai uns días no Día da Bicicleta, utilizando este medio de transporte nalgúns dos casos para desprazarse aos seus colexios, como foi o caso dos escolares máis cativos; e noutros para realizar un percorrido pola vila escoltados en todo momento pola Policía Local e por Protección Civil. Nesta última actividade participaron os maiores. 

Con esta iniciativa o que se pretende é por un lado concienciar do uso da bicicleta, como un medio de transporte saudable e respectuoso co medio ambiente, e por outro, facer forza para que as institucións acorden construír un carril-bici nesta localidade ourensana que se vén demandando desde hai tempo para poder desprazarse e gozar de estupendos traxectos en bicileta coa máxima seguridade posible. 
 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar