La Región
El papa destronado
Coidamos que, Celsa García Pérez, merece un recordatorio, curto, pois o máis destacado da súa vida, tan longa, sería imposible.
Sobre todo, boa persoa, traballadora, e unha muller do pobo, moi sacrificada e dura.
Dáballe a todo, e tiña moita chispa, nacida en Seoane de Abaixo, viviu case que toda súa vida en Caldesiños.
Ata, casi os ultimos, anos valíase de por si, e vía a televisión, ata o final dos seus moitos invernos.
Vivía coa sua filla Merche, que sempre a atendeu amorosamente; Anita, a outra descendenta, residía en Madrid.
Vai poucos días que descansa no cementerio de Caldesiños.
Como tamén era moi rezadora, segue a pedir por todos. Nós queremos mandarvos unha forte aperta, co sentimento para fillas, xenros, netos e demais familia, extensivo ó Domingo e Carmen, cos que temos moi bo trato, tamén moi boa xente, rexentan o bar Pingallo en Viana.
Celsiña, ós 109 aniños cumpliralos o 4 de marzo e desexámoscho: moi feliz cumpreanos! que será no ceo!
Lembrándote, con ternura.
Veciños do concello de Viana.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
sesión de control en el Parlamento
Rueda culpa a Besteiro de la “inestabilidade” en Lugo y este lo acusa de "aproveitar o falecemento de tres edís para acceder á alcaldía"