Jaime Rodríguez Arana
Separación y limitación del poder
Opasado vinte e catro de outubro cumpríronse cento cincuenta anos do pasamento de Domingo Fontán (1788-1866). Pero, quen era Domingo Fontán? Por desgraza, pouca xente o sabe. Nunha consulta ós meus alumnos do instituto, a ningún lle soaba o nome; pero incluso entre xente con título universitario adoita ser descoñecido. E non obstante, o seu mapa de Galicia, completado en 1834, talvez sexa a obra de máis mérito científico feita nunca por un galego. Só por iso, todo natural desta terra con estudos medios debería poder dar razón del. Dirán algúns que a súa obra quedou superada polos mapas máis modernos, pero tamén a táboa periódica de Mendeléiev quedou superada pola actual e non por iso se deixa de honrar ó químico ruso: porque era o pioneiro. E iso mesmo foi Fontán: un pioneiro, no seu caso da cartografía científica en Galicia e en España.
Ademais, a biografía de Fontán resulta exemplar desde moitos puntos de vista. Dunha familia humilde de Porta do Conde (Caldas de Reis), estudou grazas a dous tíos curas. E o seu currículo demostra ata que punto aproveitou a posibilidade que lle deron: bacharel en filosofía, en canons e en leis; doutor en teoloxía e en artes; profesor de retórica, de francés, de inglés e de metafísica; catedrático por oposición de "matemáticas sublimes", praza na que substituíu en Santiago ó seu mestre José Rodríguez, o famoso matemático de Bermés; director do Observatorio Astronómico e catedrático de xeometría e astronomía en Madrid. De ideoloxía liberal, foi perseguido por esta condición –a persecucións dos mellores, tan característica na historia de España-, o que lle custou a suspensión da súa cátedra de matemáticas, en 1823, cando o regreso do absolutismo, e a posterior separación da cátedra e da dirección do Observatorio Astronómico de Madrid, en 1840, tralo pronunciamento de Espartero. Tamén foi deputado por Pontevedra nas Cortes de 1836, por Lugo nas de 1837, e por Pontevedra nas de 1839.
Pero a obra pola que merece ocupar un lugar destacado entre os grandes de Galicia é o seu mapa ou carta xeométrica. Sen máis axuda cós seus coñecementos e o seu patrimonio persoal, botouse ós camiños para, durante dezaseis anos, os que van de 1818 a 1834, percorrer o país, parroquia a parroquia, coto a coto, río a río, vila a vila, e así, mediante a medida e o cálculo, seguindo o método da triangulación xeodésica, poder colocar cada accidente xeográfico no seu sitio sobre un mapa a escala 1:100.000, unha cousa que nunca se fixera en España. En 1837 dicía no Parlamento: «gasté dieciseis años de vida y más de dieciseis mil duros de caudal en levantar la Carta de Galicia... ¿Y de que sirve todo esto? Esa obra aún no se publicó"...». Ó final o mapa acabouse gravando en París, por encargo do goberno, e 500 exemplares chegaron a España en 1847. Pero Fontán aínda tivo que poñer 4.500 francos do seu peto e pasar polo mal trago de ser ignorado na distribución da súa obra: evitaron calquera homenaxe e nin lle deron uns poucos mapas para agasallar ós seus amigos... Pero nin con esas deixou de servir a Galicia; de volta en Santiago, aínda participou nos estudos preparatorios das primeiras liñas de ferrocarril de Galicia e presidiu a Sociedade Económica de Amigos do País.
Todo esta historia faime lembrar algo que escribía Albino Núñez neste diario nun artigo de 1956: «El Quijote fue escrito en un lugar "donde toda incomodidad tiene su asiento"..., ese es el único camino que conduce a la realización de cosas verdaderamente grandes». E tiña razón don Albino, pero non deixa de molestar que sabios coma Fontán sigan sendo ignorados, mentres ducias de mediocridades son vivamente celebradas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Jaime Rodríguez Arana
Separación y limitación del poder
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
Nada nuevo un mes después
Francisco Lorenzo Amil
TRIBUNA
"El Stradivarius" de la gaita y la zanfona
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Derecho a la vida
Lo último