Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Crudo
Cando se achega un período electoral, preséntanse ocasións para falar de todo e para escoitar ás políticas que falarán sen parar do goberno, de machismo e feminismo, dos parlamentos, dos concellos, dos alcaldes, dos concelleiros e conselleiros, das deputacións, presidentes e deputados provincias, dos asesores, dos ministerios, dos enchufados e dos altos funcionarios de Facenda, da Seguridade Social, do Estado ou das autonomías. Haberá ocasión para escoitar discursos enormes con linguaxe apropiada e pensada para a audiencia. Discursos e mitins con promesas e con gabanzas para todos os presentes.
Haberá réplicas e contra réplicas na persecución do voto, é dicir, de quen vota. Efectivamente, os votantes son perseguidos polos axentes electorais, para os que no voto de cada cidadán vailles a vida, o traballo e o salario, con liberdade ou, se fai falta, sen ela. Estes axentes electorais obran en tódolos territorios, son servidores ideolóxicos coa mirada fixa, co camiño marcado e coa meta perfectamente definida. Xa andaban polos camiños, dacabalo da burra ou dun cabalo, no tardo franquismo. Daquela eran todos do mesmo parecer e sempre gañaban. Os que non, calaban.
Un deles, Venancio de Tralotoxedo pasou á historia. Baixaba pola corredoira coa súa burra cargada de papeletas para contar e, ao chegar á cantina, parou, pediu unha xarra de cervexa ou de viño, unhas sardiñas de lata con tomate e deulle unha gran aperta e un bico nos morros á burra, antes de dicirlle ao ouvido, con voz moi alta: bebe e come do que queiras, Raxada, que gañamos! Gañamos, si señores! Ao parecer Venancio non era moi apreciado nos lugares de recolleita, pero todos votaran o que naquel momento tiñan que votar. Malaia o demo! Onde estaba a liberdade?
A liberdade está no querela, no desexala, dicía Voltaire. A liberdade é un demo, é un dereito e un privilexio dos homes e das mulleres, dos lobos e lobas salvaxes que solta a Xunta de Galicia para que non morra a especie, e dos paxariños que van, voando e cantado, anunciando a primavera de póla en póla, pousándose nas gallas de calquera árbore. A liberdade está aí. Para administrala, xa o dicía a Tía Manuela, cómpre intelixentemente pescudar cal é o camiño que nos leva a ela.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Crudo
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Faciendo la más fermosa vía de la nossa geographia
Manuel Orío
RECORTES
Un reparto equilibrado
Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
El espectáculo de las expectativas
Lo último