Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Las verbenas del Posio
Son dous referentes importantes na Galicia destes tempos, na cultura de Galicia de mediados do século pasado e no que vai deste, Don Xesús Alonso Montero e Don Bieito Ledo Cabido, o profesor e o editor, quen foi presidente da Real Academia Galega e quen é presidente da Fundación Premios da Crítica Galicia, teñen no seu maxín o proxecto para a construción dunha Galicia chea de vida, culturalmente rica e economicamente poderosa. A mesma que comezaron a crear outras das grandes personalidades nos distintos eidos do saber, mulleres e homes co seu talento, o seu corazón e o corpo enteiro ao servizo da colectividade, do desenvolvemento educativo, formativo e cultural. Ao servizo do progreso da terra e da xente que non queren ver abandonada.
As tres universidades de Galicia, o Consello da Cultura Galega e a Real Academia Galega estarán o sábado día un de decembro, en Vigo, para dicirlle ao mestre que valoran o seu traballo, para homenaxealo polo seu noventa aniversario e darlle azos para que sega facendo o que fai e sempre fixo: servir aos demais, esencialmente, aos máis necesitados. Ao “mestre das palabras”, como lle chama Xan Leira ao “Cidadán Alonso Montero” tócalle ese día escoitar. Parabéns, profesor! Da organización encargase a Fundación Premios da Crítica Galicia.
Os dous, Xesús e Bieito son de Ourense e viven en Vigo, cultivan o saber e fano medrar, para orgullo daqueles que temos tanto que aprender. No prólogo de `Cavilacións´, o libro de recente publicación, do que Ledo é autor e editor, Alonso Montero di que “Bieito dedicouse intensamente a sementar ou a colaborar con outros sementadores nesta leira grande que chamamos Galicia”. Os dous son avezados labradores na mesma leira, cultivadores de progreso, carreteiros de saberes diversos e portadores de coñecemento verdadeiro e real, dese que se asenta cando tes os pés na terra.
Aí, en Vigo, estará Galicia enteira seguindo as palabras doutro “Don”, Don Victor Fernández Freixanes, a terceira pata dunha mesa perfectamente equilibrada. Recordarase o esforzo de tódolos homes grandes desta terra nai, sentirase orgullo do labor feito polas mulleres desta terra de irmáns, escoitarase dicir que Xesús Alonso Montero é comunista, como foi sempre. E, despois, alí ao lado, quen queira poderá “mollar a palabra”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Las verbenas del Posio
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
No es un asunto menor
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Accidente del Yak-42
Roberto González
Jorge Bermello
Lo último