Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
La balanza del dinero
Estaba enfadado e ela, enfadada. E, non sabían a razón pola que tanto se enfurruñaran. Déronlle voltas e voltas ao misterio e acabaron pensando na retirada, sabendo que unha retirada a tempo é unha vitoria. Logo, ao retiraren cadanseu enfado, eran dúas vitorias. Dúas vitorias de dúas persoas amigas, unha enorme vitoria, en definitiva, como se competisen contra o mundo e gañasen. Elas saben que é conveniente e saudable que as emocións non se expresen a través do resentimento.
Pero, por que a xente se enfada?, por que te incomodas, amiga?, por que? Non se sabe, nin se poderá saber, pero ao enfadarse, a adrenalina dispara os marcadores e, como se fervese no corpo, nos corpos dos irritados e nos dos que os soportan ou os sofren, fai das súas, aumenta o ritmo cardíaco, contrae os vasos sanguíneos e provoca a elevación da presión arterial. Pola súa parte, un estudo elaborado por un equipo da Universidade de Harvard, e dirixido pola profesora Patricia Eng, di que os "homes que exteriorizan moderadamente o asañamento e o seu cabreo teñen a metade de risco de sufrir un infarto de miocardio e un perigo considerablemente inferior de padecer ictus que aqueles que o exteriorizan en menor medida".
Un grupo de enfadados pode ocasionarlle problemas serios a quen manda, mellor dito, a quen goberna. Os científicos din que, diante dunha acción gobernamental, a ira une máis que calquera outra emoción ao grupo de cidadáns que non a comparten. Así, aparecen líderes que utilizan o enfado, a rabia, o cabreo e a furia como ferramenta estratéxica para situarse ao lado dos que fan explícita a súa desconformidade.
Nesta última campaña electoral, viuse moi ben. Os xefes da maioría dos partidos non dialogaban nin debatían cos adversarios. Cada un deles mostrábase anoxado con tódolos outros e os máis respondían sempre enfadados, sen entrar nunca en razóns e sen abrir vías para un posible e necesario diálogo construtivo. Como diría a Tía Manuela, queren facer `politicamente correcto´ o inadecuado, desapropiado e inxusto. Para a boa saúde política e para que as institucións anden ben, parece necesario que os que teñen a honra de dirixir as naves partidarias, prescindan tamén, nas súas resolucións, do resentimento.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
La balanza del dinero
Jorge Ron
El balón naranja es otra historia
Chito Rivas
RECUNCHO HEBDOMADARIO
A Batalla de Guilford Ford House
Alexandre Lodeiro Pereira
DIARIO LEGAL
El papel del administrador de fincas en los conflictos comunitarios
Lo último
9 MILLONES DE CITAS EN LA APP
La Xunta inicia la tramitación de la futura ley de transformación digital del Sergas