Opinión

A SAGA DOS FEIJÓO

Na Vilanova dos Infantes ao pé da Virxen pequerrechiña, naceu fai desto moitos anos, don Secundino Feijóo Méndez, o que fora fundador da dinastía Feijóo.


Meu bó pai coñecérao sendo moi novo polas festas dos nosos pobos, cando andaba de músico na Banda de Moreiras e don Secundino na de Vilanova. De eí que cando fundou o seu circo, no que don Secundino traballaba con uns bois amestrados, e meu pai tocaba na orquesta na que eran, salvo un de Ribadavia, todos de San Pedro de Moreiras (Toén).


Don Secundino fichou pra súa carpa a unha amazona que traballaba cuns cabalos amestrados, preciosos, andaluces. Ela chamábase doña Francisca Salas e era andaluza. Dona Paca, que esí sería chamada por todos nós (eu fun afillado dela e dun fillo don Manuel Feijóo), andivo de noiva con don Secundino, pro a súa familia non ollaba ben aquíl noviazgo -eran outros tempos- e forzarona que se casaran.


O Gran Circo Feijóo foi medrando ata se convertir nun dos máis importantes das Españas. Meu pai foi pasado a taquilleiro e aos poucos anos don Secundino nomeouno apoderado. O cal foi motivo pra que os montadores, electricistas e músicos foran contratados polo meu bo pai. Todos de San Pedro de Moreiras, cousa que fixo ata o ano 1956 en que se xubilou por enfemidade.


O matrimonio tivo dous fillos, Elvira e Manuel. Don Manuel naceu ocasionalmente en Úbeda, estando de xira o Gran Circo Feijóo. Estudiou veterinaria, pro denantes de que finara don Secundino, don Manuel fíxose empresario herdando a seu pai, que finou no Madrid republicano, que foi onde o colleu a contenda civil.


Don Manuel casou con dona Pilar Sánchez e tiveron moitos fillos: Araceli (que casou cun dos máis prestixiosos otorrinos das Españas, Manuel Fernández-Vega, que unha filla dil e de Araceli, Aruca Feijóo, casou con Emilio Aragón, fillo de Milikito, recentemente finado), Secundino, Manuel, Paquita e Marisa Pili.


Don Manuel seguiu como empresario do Gran Circo Feijóo, e no ano 1943 achegouse co meu pai e con quen esto escrebe a coñecer Vilanova dos Infantes, xa que logo hospedábase na nosa casa coa súa dona e a filla maior, Araceli.


Pola liña dos Méndez, a nai do Padre Silva era prima segunda de don Secundino. As relacións cos Feijóo non foron moi boas, ata que finou o señor Silva e a súa dona -unha santa- dona María 'reconciliou' de novo aos Feijóo cos Méndez.


O Gran Circo Feijóo, que nacera en Vilanova dos Infantes, chegou a ser o número un dos circos españois, por diante do Price, do Corzana do Hervás, do dos Hermanos Moreno, ata que Arturo Castilla, que era paiaso do grupo vasco Hermanos Cape, ao desfacerse estes casou con Mercedes Sánchez, irmá de donaPilar, a esposa de don Manuel. Arturo Castilla foi un innovador no tema do circo, e inda que o Feijóo seguiu traballando e percororendo tódalas Españas, Arturo bautizou o seu circo cos cartos primeiros de don Manuel como Circo Americano. O cal fixo que crearan a grande empresa Feijóo-Castilla.


A don Secundino concedeulle a II República a Medalla ao Mérito no Traballo que llefoi imposta no salón de actos do noso Concello Ourensán, aproveitando unhas festas ourensáns. Medalla que tamén lle foi imposta no Circo Price (co que se fixeran arrandatarios Feijóo-Castilla), en Madrid. Eiquí en Ourense tributóuselle nos anos corenta unha homenaxe no desaparecido Hotel Roma, que daquela era o máis importante da provincia.


Don Manuel Feijóo Salas finou en Madrid e asistín ás honras fúnebres que elí se celebraron, coido que foi a frinais dos sesenta e a primeiro dos setenta. Hoxe segue no tema dos espectáculos, inda que sin circo, o fillo de don Manuel, Manuel Feijóo Sánchez, que está casado con Rita Irasema, filla do recentemente finado Miliki.


Esta é unha breve historia da saga dos Feijóo que escomenzou con un homiño de Vilanova dos Infantes, que paseou o nome de Ourense, que íl endexamais negou, por tódalas Españas, Portugal e Marrocos. Ourense está en débeda coa familia Feijóo, pois xa debera ter o nome dunha rúa da nosa cidade. Pro eiquí, entre a iñorancia e a amnesia, pasa o que pasa. Que esquecemos a quenes se enorgulleceron de ser desta nosa cidade.


Pola contra, en San Pedro de Moreiras (Toén) a meu bó pai puxéronlle seu nome a unha fermosa praza da aldeia en que naceu e presumiu sempre de ser de alí, que levou, denantes da guerra e logo dela, a moitos veciños a gañar un soldo co que compaxinar o descanso no tempo invernal.

Te puede interesar