Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Pablo VI
O AFIADOR
O alcalde de Ourense contoulle hai unhos días aos portavoces dos grupos da oposición o que todo o mundo sabe: o importe do impago a provedores segue progresando con paso firme nos anais da morosidade institucional, que anda xa polos 50 millóns de euros. Tanto, que é posible que cando deixe o posto exhiba unha marca estratosférica que arrumbe e explique os resultados dunha xestión atrabiliaria que converte a xestión municipal nun xogo de ocorrencias cos diñeiros dos cidadáns, coas consecuencias xa vistas.
En canto ás responsabilidades, o rexedor botou man doutro clásico do seu manual de xestión, que consiste en trasladar culpas propias a ombros alleos: nesta ocasión tocoulle ao interventor, aínda que hai que dicir que é un clásico como argumento recorrente na exculpación propia fronte a desbaraxustes varios, aínda que o abano de escudos ten sinalado co dedo á Policía Local, aos bombeiros e a o funcionariado en xeral, segundo o trance que toque. E xa postos, reclama que a solución a aporten outras administracións, así como invita aos acredores a que acudan á xustiza para reclamar o pago das cantidades pendientes de cobro, unha eventualidade que seguramente comportaría imposición de costas a cargo das arcas municipais que, hai que repetilo, se nutren das taxas que obrigatoriamente aportan os cidadáns dos seus petos.
Coa estratexia militante da oposición na exaltación da discrepancia chegaremos a 2027 coa tamén triste marca daincapacidade de 17 concelleiros para acadar un mínimo entendemento que recobre o sentido común.
Como era de prever, a reacción dos responsables dos grupos da oposición foi dura e contundente, na liña de pronunciamentos anteriores sobre este particular e tamén sobre outros que teñen que ver coa gobernanza dos intereses públicos. Cumpriría saber que obxecto ten realmente esa explicitación -sen máis- da constatación do desbaraxuste económico, porque se é unha apelación a que a veciñanza asuma a responsabilidade, estamos apañados, porque significaría que estamos como si andáramos do revés. Os cidadáns depositan cada catro anos a confianza nos integrantes da Corporación para que os representen, asuman a gobernanza e procuren as cotas de benestar máis altas posibles coa correcta e honesta administración dos diñeiros públicos. Son eles os que teñen que facer propostas e tomar decisións para que eso se cumpla e non ao revés.
Coa estratexia militante da oposición na exaltación da discrepancia chegaremos a 2027 coa tamén triste marca daincapacidade de 17 concelleiros para acadar un mínimo entendemento que recobre o sentido común. É unha opción, pero non sen garantías de que os resultados varíen sustancialmente ou -grosso modo- se repitan (a última maioría absoluta no Concello de Ourense data do ano 2003). E entón que? Resignarémonos catro anos máis adicados a sinalar o mal que o fai quen goberna?
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Pablo VI
Manuel Orío
RECORTES
Enseñar al que no sabe
Fernando Ramos
Historias de un sentimental
Aquellas leyendas del fútbol ourensano que no se deben olvidar
Fernando Jáuregui
Ahora Trump ya sabe dónde está España
Lo último
PERROS DE OURENSE
Galería | Un álbum de fotos muy perruno para celebrar el Día del Perro
PROHIBIDO FUMAR Y VAPEAR LOS MENORES
Así cambia la nueva ley del tabaco: novedades, más espacios sin humo y protección a menores
EXPEDIENTE DISCIPLINARIO
El CGPJ estudia archivar las quejas contra el juez Peinado por el caso Begoña Gómez