Tamén Morcego, Gusano e Sapo son apelidos

Tamén Morcego, Gusano e Sapo son apelidos

Se vostede entra na rede de Google en busca de “apelidos”, obterá trinta millóns de respostas. Sendo esta a realidade, non será moito o que eu poida engadir. En todo caso recordar, por se falta fixese, que a orixe dos apelidos é moi diversa: sendo uns de orixe patronímico, outros toponímico, ou relacionados con oficios e profesións, coa categoría social das persoas, cos alcumes, coas características do suxeito, co entorno (flora, fauna)... Pois ben, é dos apelidos relacionados con esta última, a fauna, dos que me vou a ocupar aquí. Debendo deixar claro, antes de comezar, que os datos que manexo nesta columna foron extraídos do último informe do Instituto Nacional de Estadística, sección Demografía y Población, apartado Frecuencia de Apellidos. Foi así como conseguín localizar 140 apelidos (seguro que hai máis) relacionados con animais, bechos incluídos. Un conxunto que distribúo en cinco grupos: apelidos que locen, apelidos desconcertantes, apelidos “comestibles”, apelidos paradoxais e outros apelidos. Resultando moi difícil, nalgúns casos, a súa ubicación.

Apelidos que locen: Águila (Ese hombre es un águila), Canario (Canta coma un canario), Jabato (¡Jabato, que eres un jabato!), Lince (É un lince para os negocios), Rola (Miña roliña, canto te quero), Azor, Ruiseñor, Tórtola, Paloma, Patiño.

Apelidos desconcertantes: Araña, Ballena, Bicho, Burra, Burro, Can, Cerda, Cerdo, Chincha, Chinche, Culebra, Gusano, Leona, Lirón, Loba, Morcego, Mosca, Mosquito, Mula, Pega, Pollino, Porco, Rata, Sapa, Sapo, Urraca, Verme, Víbora.

Apelidos “comestibles” (por un dicir): Alce, Anguila, Bacalao, Balea, Becerra, Becerro, Cabalo, Caballo, Cabra, Cabrita, Cabrito, Canario, Cervo, Ciervo, Cigala, Coello, Conejo, Cordeira, Cordera, Corzo, Faneca, Galiña, Gallina, Gallino, Galiño, Gallo, Galo, Gamba, Ganso, Gavilán, Jato, Jabalí, Lebre, Merla, Merlo, Oveja, Ovejo, Pardal, Peixe, Pez, Pita, Pito, Pola, Pollo, Polo, Ra, Rana, Róbalo, Reno, Sardiña, Sardina, Tiburón, Yegua. (Así mesmo, habería que incluír aquí algúns apelidos doutros grupos).

Apelidos paradoxais: Ou cando un home se pode apelidar Muller (1.100 casos), e unha muller se pode apelidar Home (30 casos) ou Hombre (500 casos). Podendo darse contradicións moi curiosas. “Vou o enterro de don Damián Hombre Muller”. “A don Julio Muller Hombre le tocó la lotería”, “Nomearon alcaldesa a doña Inés Home Hombre”, “Resultando ganador de tiro al plato don Luis Muller Muller”.

Outros apelidos: Abeja, Abella, Abejón, Cadelo, Camello, Caracol, Corvo, Elefante, Formiga, Gata, Grillo, Grilo, Hormiga, Lagarto, Leopardo, Lobo, Loro, Mantis, Osa, Oso, Puma, Raposo, Tigra, Tigre, Zorro.

Todos os anteriores –desculpen que insista son apelidos reais-.

Dúas cuestións máis para rematar:

Resulta sorprendente a cantidade de variantes da familia pita-galo en cuestión de apelidos: Galiña (50), Galiño (130), Gallina (170), Gallo (10.000), Galo (900), Pita (9.000), Pito (35), Pollo (500), Pola (2.200), Polo (42.000). ¿Cómo interpretar estes datos?

Por último, ¿cal a situación de Ourense nesta cuestión? Dos 140 apelidos dos que falabamos ó principio, Ourense “participa” con 25: Becerra, Conejo, Cordeiro, Cordero, Corzo (220), Cuervo, Galiña, Galiño, Gallino, Gallo, Gato, Gavilán, Gavilanes (160), Grilo, León (500), Lobo, Pájaro (90), Palomo, Pato (650, cifra non superada por ningunha outra provincia española), Perdiz (135), Pombo (50), Rato, Ratón, Sardiña, Toro (220), Troitiño (60).