Berto Manso
LA OPINIÓN
Ese llega hasta donde se llega
A artista viguesa, de raiceiras ourensáns, Rut Martínez López de Castro expón na Sala Tres do Centro Cultural da Deputación de Ourense un relato plástico tomando como base a súa memoria. Eis unha reflexión persoal dende unha serie de obxectos que o tempo foi seleccionado, elementos da súa vida persoal que reinterpreta para reelaborar unha nova vida máis alá do silencio no que se achaban. Unha experiencia co pasado, que é sempre de catarses, fragmentos de experiencias pasadas, retallos no arquivo do obradoiro que, afastados xa dos seus pasos, emitíanlle sinais, que foron estímulo.
Ás veces os artistas dan en utilizar o concepto de ruína, arqueoloxía dun pasado común. Hai poetas, si, ‘Estos, Fabio, ‘ay dolor!, que ves ahora/ campos de soledad, mustio collado,/ fueron un tiempo Itálica famosa’, que axudan a elaborar acaídos versos a Rodrigo Caro dende un presente, agora xa pasado, reflexos que son sombra dos espellos, melancolía... Nos nosos días moitos dos novos artistas están instalados na rememoración deles, e gustan das instalacións, insistindo na recreación das ruínas por si mesmas, en crave de alegoría. Buscan nel a beleza, inane e fuxidía, do que xa foi..., mais non será, e gustan de pararse. Mais como saben moi ben os Mestres do atrezzo teatral, o ensoño permanece mentres dura a función.
A vida está noutro vieiro, e no teatro fóra da sala. Para a artista non é contemplación do pasado, senón re lectura/ reconstrución dende o día de hoxe. Colaxe e ensamblaxe, co ready made de Duchamp como referencia, para buscar novos significados, co cadro sen marco como soporte, cuxos límites ultra pasan algunhas das pezas. Noutras obras de Rut a necesidade expresiva amosa unha manifestación de xénero, do íntimo feminino, afirmación de seu no control que se aprecia en toda a exposición na ordenación da sala, con un caos de elementos e formatos. Son aquelas unhas propostas de pequeno tamaño. En contraste, están os óleos, que insire no conxunto, técnica que supón para a artista o reencontro con un medio expresivo.
Por elo faino protagonista na portada e contraportada do catálogo/ tríptico. Son as estruturas do silencio, mobiliario metálico que sae das sombras da memoria, sinais dunha vella porta, lembranzas...
A mostra, segundo recoñece Martínez, supúxolle un salto coa de gravados na Casa de Galicia en Madrid. O seu currículo se inicia coa colectiva de 1995 en Milán (Italia), cando o Erasmus na licenciatura en Belas Artes na Universidade de Salamanca, mais xa en 1994 tiña debutado na Casa de Cultura de Palas de Rei (Lugo).
En Vigo vive, e traballa, como docente na súa propia Academia "Lapis de Buxo", no mundo da educación non formal, que a leva ata as Asociacións de Veciños ou á Escola de Artes e Oficios. Foi profesora no colexio marista, e figura tamén como docente da Universidade U.Vigo: toda unha pluriactividade vital sen deixar de expoñer en Sanfíns de Douro Milán ou en Santiago e Vilanova de Cerveira.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Berto Manso
LA OPINIÓN
Ese llega hasta donde se llega
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Día presidencial
Pilar Cernuda
Es la hora de la solidaridad
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
El episodio insólito del ourensano que hermanó Vigo con Groenlandia
Lo último
ANIVERSARIO DE LUJO
Bodas de plata reluciente en el Cross Boborás
TALENTO DE BASE
El campo a través sacó pecho con un Escolar Gallego de nivel