Opinión

O ciclón de Alba

De verdade que é un auténtico ciclón esta miña “nena”. Faille gracia que lle sigan chamando así cada vez que ven a Galicia, “a nena de Piñeiro”, alcume que herdou desde que compartimos o sillón do “Acompáñenos”, e do que afirma sentirse orgullosa, cousa que a honra e que a bó seguro non deixará de darlle boa sorte. Atópome con ela nunha recente viaxe a Madrid que fixen para comprobar que efectivamente nalgún lu- gar había verán e os termómetros marcaban 35 graos á sombra, aínda que cando esta páxina saia publicada parece que non andarán moi lonxe desa cifra as temperarturas ourensás, nunha clara conxura contra todos os que están facendo as maletas para reincoporarse á rutina diaria de setembro, despois de se empapar neste agosto ingrato non das augas do mar ou dos ríos, senón das brétemas e neboeiros cos que este verán quixo amolarnos ben amolados.

E do tempo tamén falei coa “chica del tiempo” Alba Lago na moi “cool” Terraza do Mercado de San Antón da capital madrileña, onde quedamos para tomar unhas cañas e poñernos ó día das nosas cousas. Está guapa, como sempre, e feliz nesta nova aventura televisiva en Tele5 despois do seu estupendo traballo en “Fabricando Made in Spain” de TVE. Gústalle o ritmo trepidante da gran cidade porque ela é así, unha bule bule que pode facer cinco cousas ó mesmo tempo, entre elas algunha desas fotos que agora todo o mundo deu en chamar “selfie”, que gusta de colgar no seu instagram, obrigándome a que eu fixera o propio na miña conta de twitter. Xa sabedes, renovarse ou morrer. Entre caña e viño fixemos tempo por ver se daba chegado o tamén intrépido Ricardo Pardo, noutrora reporteiro do meu programa das tardes e agora fichado polo programa veraniego de Ana Rosa Quintana, pero o traballo do día en Palma de Mallorca impedíulle chegar a tempo para unirse ó grupo. Como eu sei que tanto a unha como ó outro lles vai ir moi ben na canle de Mediaset, teremos tempo e tempo para que cando eu baixe a Madrid con calquera escusa teatral volvamos quedar para intercambiar anécdotas deste apaixoan- te mundo audiovisual. Non poden imaxinarse a ledicia que sinto cando vexo que ós meus “retoños” lles van ben as cousas e van medrando como profesionáis.

O RODABALLO DA MERKEL

Pasei polo restaurante compostelán “El Pasaje” do meu amigo Pepe Rumbo, que estes días non para de ser noticia por sentar no seu templo gastronómico á chanceleralemana Angela Merkel na súa recenta visita a Galicia.

Contoume Pepe que o chamaron de todos os medios de comunicación, e mesmo querían que fose ó plato dun coñecido programa do “corazón”, cousa que declinou amablemente dicindo que a cociñar ía cando quixeran pero os segredos e conversas dos reservados son como de confesonario. Para min deixou en excluiva unha foto do rodaballo de oito quilos e medio que lle mostrou á chanceler e que provocou que unha impresionada Merkel dixera entre risas que era máis grande que un peixe espada alemán.

CHRISTIAN ESCUREDO

Faltoume tempo para felicitar ó actor valdeorrés Christian Escuredo pola súa fichaxe para o musical “Priscilla, reina del desierto” que se vai estrear en Ma- drid no mes de outubro. Está pletórico por poder encarnar un personaxe que en “priscillaelmusical.es” describen como franco, provocativo e metido sempre en problemas, unha drag queen nacida para actuar. Será ¡Felicia! Os que somos fieis devotos da estupenda e divertida película agardamos espectantes a súa estrea no Nuevo Alcalá de Madrid, despois de que o musical teña colleita- do todos os éxitos posibles en Broadway, Londres ou Sidney antes de chegar a España, con premios Oscar, Tony e Oilivier; e cun- ha banda sonora que moitos sabemos de memoria chea de éxitos da música disco.

As cousas non suceden por casualidade, xa son moitos os anos de traballo deste artista ourensán, ó que eu coñecín cando viña acompañado de sua nái para presentar os seus discos no “Supermartes”. Logo foron anos de preparación exhaustiva e traballo actoral para formar parte do elenco de moitos musicáis como “Sonrisas y lágrimas”, obras de teatro, teleseries ou películas de cine como a tan ligada a nós “Eduardo Barreiros o Henry Ford español”, baseada na vida do empresario ourensán. Agora tócalle un papel de auténtico luxo para lucirse dabondo, e seguro que o fará, e nós estaremos alí para aplaudirlle. 

Te puede interesar