QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
A fin de semana das feiras Alimagro e Prolimia celebrouse con éxito rotundo en Xinzo de Limia, reunindo máis de 10.000 persoas ao longo dos tres días de duración.
Este resultado representa un notable incremento na asistencia con respecto a edicións anteriores, demostrando que a decisión de combinar ambos eventos foi un verdadeiro acerto, conseguindo atraer un maior número de visitantes á localidade.
“A participación dos expositores e do público foi exemplar, destacando a dedicación, o sacrificio, a ilusión e o compañeirismo que fixeron posible que ambas feiras brillasen con luz propia”, comentan dende o Concello.
A carpa da Feira da Pataca, o pavillón que acolleu a Feira do Comercio e a zona do Parque do Toural coa maquinaria agrícola estiveron cheos de actividade e visitantes durante toda a fin de semana.
Entre os eventos máis destacados, a tortilla xigante, con 350 kilogramos de pataca, 1.500 ovos, 30 kilogramos de cebola e 20 litros de aceite, bateu récord de asistencia. Os xogos de bingo organizados por Prolimia congregaron a centos de persoas, mentres que os sorteos finais e a variada oferta de produtos conseguiron que o domingo pola tarde os tres espazos das feiras estivesen abarrotados.
Tamén as xornadas técnicas de Alimagro e as diversas charlas e actividades acadaron un éxito de participación.
O impacto económico foi notable, superando todas as expectativas en comparación con anos anteriores. O alcalde de Xinzo de Limia, Amador Díaz, subliñou que a decisión de unir ambas feiras “foi unha gran idea, potenciáronse mutuamente e converteron a fin de semana nun éxito sen precedentes”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
DIVULGACIÓN INDUSTRIAL
La geología de A Limia, al descubierto en una ruta
SEGURIDAD EN EL CAMPO
Refuerzo de vigilancia por robos en el regadío en A Limia
Control de poboación
A Limia, “zona cero” para o censo das aves galegas
Lo último