Un debate en Baltar trata a problemática dos eólicos
A Casa de Cultura de Baltar celebrará mañá a partir das 16,30 horas unha palestra titulada “Paisaxe e Territorio” na que intervirán Ana Varela, avogada da Asociación ecoloxista Petón do Lobo; Vitor Afonso, da asociación PNB (Povo e Natureza do Barroso) de Montalegre (Portugal), e Antón Araúxo, membro da Comunidade de Montes do Couso, no Baixo Miño (Pontevedra).
A charla e posterior coloquio tratará sobre “as loitas en defensa do territorio, cos exemplos da contestación no país á invasión eólica, que segue ameazando á serra do Larouco e á explotación mineira no Barroso, representadas ambas por Petón do Lobo e a PNB, e as alternativas a un territorio despoboado a partir do aproveitamento diverso do monte e respectuoso co medio que representan os comuneiros do Couso”. Así o expoñen os organizadores do evento.
“Paisaxe e territorio”, organizada por Stop Eólicos Xurés Celanova, o Movemento Ecoloxista da Limia e o Club Parapente Baltar, é a primeira das actividades do que pretende ser un calendario mensual durante todo este 2024 “de propostas para a posta en valor do Larouco e o Val do Salas”, unha iniciativa de veciños e colectivos que se agrupa baixo a denominación “Os meses do Larouco”.
O ciclo está a programar andainas deportivas, roteiros culturais, actividades de escalada, de observación de aves ou das estrelas aproveitando todas as potencialidades da serra e do val. Para o mes de xullo está prevista a celebración en Baltar do Campionato de España de Parapente, así como doutras competicións da disciplina, que conta no Larouco cun escenario privilexiado e que se quere preservar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
50 JÓVENES EN LA CONVOCATORIA
PP de Ourense constituye la primera agrupación de Novas Xeracións en la comarca de A Limia
Lo último
Jenaro Castro
TRAZADO HORIZONTAL
Juanma y la parábola de San Pedro
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
103-13: Un sonrojo galáctico
24 HORAS PARA ALQUILAR
El reto de alquilar un piso en Ourense: “Hay anuncios que no duran ni un día”