A Festa do Esquecemento arranca co estreo do campamento
FESTA TRADICIONAL
A festa de Xinzo abrirá este sábado o mercado, terá unha xincana, Xogos Olímpicos e o concerto de Astarot
A Festa do Esquecemento de Xinzo xa arrancou, rememorando a chegada das lexións romanas ao río Limia.
A celebración arrancou coa inauguración do campamento, mercado e zona infantil coa banda de gaitas Cidade de Antioquía. Tamén tivo lugar o Circo Romano, coa animación de rúa a cargo de Trip Malabar e pasarrúas con Turdión.
Á noite, foi o turno para os Gladiadores do Circo a cargo de Trip Malabar. Para rematar o primeiro día desta festa, tivo lugar o gran desfile inaugural con antorchas e o prendido do lume sagrado, con pasarrúas con Cidade de Antioquía e concerto de Grimorium.
Este sábado abrirase o mercado e a zona Infantil con Turdión, acompañado do Circo Romano, desfile das Fuerzas de Choque Romanas Extraordinarii de Cartagena, Loitas do Coliseum, pasarrúas con Cidade de Antioquía e Triduendes, a cargo de Trip Malabar.
Para continuar a festa, haberá unha recepción de autoridades ás tropas estranxeiras, cos Premios Bispo Idacio 2024 e a chamada Harmonía no aire.
Xa pola tarde, haberá unha xincana e pasarrúas con Lirolaio, Turdión e Cidade de Antioquía. Logo, terá lugar unha Romana Comedia, a cargo de Trip Malabar.
Ao terminar estas actividades, será a ocasión para a celebración duns Grandes Xogos Olímpicos, pasarrúas con Lirolaio, loitas do Coliseum, Vodas Romanas e Gladiadores do Circo.
Xa pola noite, terá lugar a Harmonía no aire, concerto de Grimorium e concerto de Astarot, para rematar o sábado de Esquecemento.
O domingo, último día desta inesquecible festa, volverase abrir o mercado e a zona infantil con Turdión. Tamén volverá a Romana Comedia, Harmonía no aire, pasarrúas con Lirolaio, Circo Romano e pasarrúas con Turdión.
Non faltarán as marchas romanas con Achicoria, cruce do río Lethes e gran loita final. A maiores, terán a súa aparición os Gladiadores do Circo, Desfile da Victoria e Harmonía no aire. Tamén haberá unha homenaxe a Merce Barba e pasarrúas con Lirolaio. Para finalizar a festa, haberá un apagado do lume sagrado, a entrega de premios a participantes e o concerto de despedida con Grimorium.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
DEFICIENCIAS EN LA SEGURIDAD
Primor cierra temporalmente en la rúa do Paseo en Ourense por incumplir la normativa de incendios
INVESTIGACIÓN JUVENIL
Vídeo | Cuatro adolescentes de Nigrán investigados por agredir y humillar a un menor