GASTOS DE PRODUCCIÓN
El estrés hídrico hace mella en la agricultura de A Limia
Proyecto "Rural-mente"
O GDR Limia-Arnoia participará no vindeiro mes de xuño no proxecto “Rural-mente”, no que tamén participan os GDR Valle de Ambroz, en Cáceres, e o GDR Galicia Suroeste, que se encargará de coordinalo.
Esta iniciativa ten como obxectivo o intercambio de coñecementos e a innovación entre as diferentes rexións participantes. Conta cunha financiación de máis de 200.000 euros procedentes do Feader.
A través de diversas xornadas técnicas, seminarios e visitas de campo, procurarán divulgar coñecementos tecnolóxicos e de xestión das Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP) e das Denominacións de Orixe Protexidas (DOP).
Os participantes do proxecto centrarán o seu traballo nun produto concreto, de gran importancia para o desenvolvemento do seu territorio, para combinalos nestas actividades nas que se realizarán intercambios de coñecementos e posta en valor do produto seleccionado.
O GDR Limia-Arnoia centrará os seus esforzos en incrementar a produción e o número de entidades produtoras dentro da IXP Pataca de Galicia. Durante 15 meses procurarán mellorar a competitividade, a sostibilidade e a innovación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GASTOS DE PRODUCCIÓN
El estrés hídrico hace mella en la agricultura de A Limia
RECURSOS DEL TERRITORIO
El territorio Limia-Arnoia esgrime sus “25 motivos”
SUBIDA VERTIGINOSA
La subida del coste del gasoil pone a la comarca de A Limia en jaque
Lo último