CORAZÓN AGRÍCOLA
La cebada gana terreno entre los cultivos habituales limiaos
Prevención de Incendios
A sesión ordinaria semanal da Xunta de Goberno da Deputación, celebrada onte pola mañá, vén de aprobar unha axuda de 78.000 euros para o GDR Limia-Arnoia para o desenvolvemento do seu proxecto Mixturando, unha iniciativa que busca novos modelos de xestión territorial sobre o monte veciñal e de utilidade pública de bosque mixto atlántico.
Agora, Mixturando busca previr os incendios con 18 modelos de xestión sobre monte veciñal e de utilidade pública de bosque mixto atlántico das provincias de Asturias, Ourense e Pontevedra. Nel participan os GDRs Limia-Arnoia, Terra e Auga e Camín Real de la Mesa, xunto ao grupo PROePLA do Campos Terra da Universidade de Santiago. Estes modelos de xestión atenden a micoloxía, gandería extensiva, rexeneración de pastos, apicultura e cultivos de oliveiras, centeo e castañas en nove concellos destes territorios.
Na provincia de Ourense actúan nos Concellos de Lobeira, Muíños e Entrimo, ademais do Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés e na reserva da biosfera homónima. Aquí, levanse adiante modelos forestais de recuperación de masas frondosas, por exemplo a silvicultura de bosque mixto con dominancia de cerquiño en zonas de A Pereira, en Entrimo, e Calvelo, en Muíños. Ademais, trabállase na recuperación e ampliación dunha masa mixta de carballos e bidueiros en montes veciñais de Lobeira e Gaiás, no Concello de Lobeira; a recuperación dunha masa na comunidade de montes de Río Caldo, en Lobios e a recuperación dunha masa de castiñeiros en San Paio de Araúxo, tamén en Lobios.
Estas accións compleméntanse con modelos silvopastorais de gandería extensiva e recuperación de pastos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CORAZÓN AGRÍCOLA
La cebada gana terreno entre los cultivos habituales limiaos
TECNOLOGÍA EN EL RURAL
Los drones se alían con el agro ourensano para asumir tareas complejas
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?