PRODUCTO ESTRELLA
¿Cuándo plantar las patatas en A Limia? Así se preparan los agricultores
Logo dunha xuntanza sobre o terreo entre a rexedora de Xinzo, Elvira Lama, e técnicos da Confederación Hidrográfica do Miño Sil -na que tamén participou o arquitecto municipal, Rafael Nogueiras- o Concello informou sobre a colaboración entre ambas entidades para elaborar un novo proxecto que contribúa a revitalizar o entorno do río Limia para que a vila volva a vivir de cara a el.
Entre outros aspectos, as propostas incluidas neste plan pasarían pola creación de carrís bici tanto na marxe dereita, como á esquerda do caudal. As melloras completaríanse cun acondicionamento do firme. O tramo en cuestión estaría comprendido entre a ponte da rúa Sitibal e a da estrada de Baltar, tal e como matizaron dende o Consitorio.
Na xuntanza de traballo, Elvira Lama solicitou aos técnicos do organismo de cunca “unha solución” para os problemas de “verquidos” existentes nas inmediacións do antigo matadoiro e no entorno das instalacións deportivas.
Esta nova intervención sumaríase á xa contemplada ampliación do paseo fluvial do río Limia entre a ponte de Lamas e a estrada de Baltar.
Por último, o proxecto do Concello de Xinzo de Limia e da Confederación Hidrográfica Miño-Sil para levar a cabo as obras de demolición da presa de Gudín no río Faramontaos -asinouse un convenio de colaboración entre ambas entidades o pasado mes de abril- continúa o seu curso, segundo fontes municipais, e buscará mellorar a o paso do río Limia no transcurso polo núcleo limiao. Con este proxecto, aseguran dende o Consistorio, “recuperarase a conectividade ecolóxica do río” que impide “este obstáculo transversal, sen uso e nocivo para o ecosistema”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRODUCTO ESTRELLA
¿Cuándo plantar las patatas en A Limia? Así se preparan los agricultores
SEGUIMIENTO DE AVES GALLEGAS
La Xunta estudiará tres tipos de aves en A Limia
Lo último
"ACCIDENTE LABORAL"
Las asociaciones de la Guardia Civil estallan contra Montero
VISITA DE TRUMP A CHINA
La tregua de la guerra en Irán, en un punto crítico mientras siguen los contactos
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Cadaquén, da súa casa
36,6% CAMBIARÍAN DE EMPRESA
El 75,6% de los españoles está insatisfecho con su salario