AGRICULTURA E INNOVACIÓN
El programa de la VII Feria del Agro de A Limia o Alimagro ensalza la patata
Pais e nenos da asociación “Porquemepeta”, adicada as crianzas galego falantes, visitaron o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela, mentras os mozos participaban nun obradoiro de regueifa e rap na Arca da Noe, en Vilar de Santos.
A visita guiada na Casa da Lagoa foi levada a cabo polo guía turístico e historiador Alex de los Ríos. Adaptouse o discurso museográfico en torno ao eixo da xeografía. Tras o visionado de tres cursos audiovisuais como contexto, pasouse revista na primera parte da visita a xeografía física e humana da lagoa, expoñendo os factores naturais que levaron a transformación da paisaxe e os factores antrópicos. Como complemento, levouse a cabo un acercamento a cartografía da lagoa en relación coas súas dimensións e toponimia, e analizouse o caso de intervención máis agresiva na paisaxe: o proceso de desecamento franquista e a concentración parcelaria.
As familias escoitaron diversas lendas e contos como o referido a Cidade de Antioquía, a princesa rá, a orixe da lagoa, as referencias a Inés de Castro e o papel do Bruión.
Por último, tratáronse aspectos de xeografía cutural aplicados á Lagoa de Antela, facendo unha reflexión xeral sobre toponimia e pondo exemplos concretos de toponimia maior e menor da zona, así como tamén exemplificacións de alcumes extraídos do Folckore de Sandiás de Urbano Santana.
A segunda parte adicouse ao patrimonio das Areeiras de Sandiás, falando do observatorio de aves e explicáronse con detalle os palafitos e as casas de terróns como patrimonio etnográfico, así como algún proxecto de rehabilitación en relación coa Anduriña Brava nunha das areeiras.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
AGRICULTURA E INNOVACIÓN
El programa de la VII Feria del Agro de A Limia o Alimagro ensalza la patata
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: domingo, 20 de septiembre
BALANCE DE DELINCUENCIA
La droga dispersa los delitos y crea narcopisos de lujo en Vigo
GUITARRAS Y DIVERSIÓN
Galería | El Our Fest convierte Expourense en el epicentro del rock alternativo