CORAZÓN AGRÍCOLA
La cebada gana terreno entre los cultivos habituales limiaos
SEDE DA FUNDACIÓN
Dende o grupo municipal socialista en Xinzo explican que o pasado xoves coñeceuse “a nova da reunión entre a Fundación Carlos Casares e o presidente da Deputación Provincial de Ourense, Luis Menor, na que se lle transmitiu a vontade por parte da fundación de ter a súa sede física en Xinzo”.
“Co fin de darlle a Carlos Casares o lugar que merece no centro da vila a través dun espazo propio, xurdiu a decisión no anterior mandato de mercar o edificio para ubicar a sede da fundación”, afirma a voceira do PSdeG-PSOE en Xinzo, Elvira Lama Fernández.
A edil socialista tamén apunta que a compra “asinouse o 13 de maio de 2023 por importe de 60.000 euros, a través dunha subvención da Deputación de Ourense, cun prezo estimado de rehabilitación de 350.000 euros”.
A voceira socialista manifesta que “despois dun ano, o Concello tivo tempo suficiente para redactar o proxecto de rehabilitación do inmoble adquirido polo Concello na Praza Maior coa finalidade de destinalo a futuro museo de Carlos Casares e a punto de información turística”.
“Cremos que en vista da boa disposición da Fundación Carlos Casares e do presidente da Deputación, Luis Menor, debe ser o Concello quen presente, sen máis retraso, o proxecto de rehabilitación á entidade provincial a fin de poder acadar o financiamento para o vindeiro ano e que ese importe sexa incluído nos orzamentos da Deputación 2025”, finaliza Elvira Lama.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CORAZÓN AGRÍCOLA
La cebada gana terreno entre los cultivos habituales limiaos
TECNOLOGÍA EN EL RURAL
Los drones se alían con el agro ourensano para asumir tareas complejas
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
Lo último
Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
Os libros non son para o verán
CAMPEONATO EN ITALIA
El Mundial espera a los ourensanos
FESTA DA XUVENTUDE
Bousés arranca tres días de festa impulsados pola súa mocidade
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Tontos útiles