Xinzo presentou un plan de autoprotección para o Entroido
Seguridad
Co obxectivo de facer do Entroido de Xinzo de Limia unha festa máis segura, o goberno local, en colaboración coa comisión e a Policía traballou nun plan de autoprotección que foi presentado durante a mañá de onte xoves. O documento será exposto na páxina web do Concello -xunto ás bases do desfile do día de Piñata e a propia programación da festividade- para que todos os veciños interesados o poidan consultar.
A grandes rasgos, a rexedora socialista, Elvira Lama, explicou que o reforzo da seguridade se centrará nos días grandes do Entroido, concretamente, o sábado día 22, xornada na que haberá un posto de mando avanzado, cámaras de videovixiancia e axentes de seguridade.
Pola súa banda, o edil responsable de Cultura, Ramiro Rodríguez, destacou o esforzo realizado por parte do Concello en aras de mellorar a seguridade ao longo do mes de febreiro. " Os riscos están avaliados e para os máis importantes hai medidas previstas", matizou. "É un documento que non está pechado e se irá enriquecendo coa experiencia que vaimos adquirindo", engadiu.
O plan tamén contempla os cortes de tráfico pertinentes para o paso dos desfiles e a celebración das distintas festas do ciclo. O Entroido de Xinzo comezará mañá sábado, día 1 de febreiro, co petardazo na praza de Carlos Casares ás 23,59 horas e continuará o día 2 co domingo de Fareleiro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Manuel Herminio Iglesias
DENDE SEIXO-ALBO
A xustiza tardía vale pra pouco
MEJORAR LA MOVILIDAD EN OURENSE
El PSOE reclama el soterramiento de Otero Pedrayo
DAÑO CEREBRAL ADQUIRIDO
La Diputación destaca el papel social de DCA Ourense
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
Un manifiesto con onda expansiva