A Merca convida a gozar do seu porco ó espeto
A Merca celebra o sábado 13 de setembro a XIV edición da Exaltación do Porco ó Espeto, unha das citas gastronómicas máis senlleiras da provincia
O Concello da Merca celebra o sábado 13 de setembro a XIV edición da Exaltación do Porco ó Espeto, unha das citas gastronómicas máis senlleiras da provincia. Está organizada pola asociación “A Peneda da Lebre”, coa colaboración do Concello de A Merca, o Inorde e a Deputación de Ourense.
O pavillón municipal de A Merca será o escenario desta cita, que abrirá as súas portas ás 12,00 horas co grupo de pandeIreteiras “As Ferrreñas”, xunto co mercado de artesanía e a primeira degustación de xamón antes do xantar, que será ás 14,30 horas e incluirá empanada ademais do protagonista, o porco ó espeto. As reservas pódense facer ata o día 9 de setembro.
Onte tivo lugar a presentación da festa na Deputación de Ourense, coa presenza de Rosendo Fernández, presidente do Inorde; Manuel Carrera, presidente da asociación; Tito SaMpedro, concelleiro de Cultura de A Merca, e o vocal da asociación.
Alí, o presidente do Inorde explicou que esta é unha das citas gastronómicas máis senlleiras da provincia xa que a súa orixe se remonta ó século XVII, xa que segundo os rexistros do ano 1620, don Pedro López Mosquera e Pimentel, xunto cos seus porqueiros, daban conta da súa facenda tódolos meses cunha feira, que se institucionalizou o 26 de cada mes “e que se segue conservando, xa que é o día da feira na Merca”, explicou Rosendo Fernández.
Fernández invitou a todos a acudir xa que “é carne de porco, polo que é saudable, asÍ que podedes comer a gusto”. Pola súa banda, Manuel Carrera fixo un chamamento ó relevo xeracional, “xa que Isto é unha homenaxe ós tratantes da Merca, ou como se chamaban eles, os porqueiros, que cada vez, por desgracia, quedan menos”.
Carrera explicou que esta data serve de “reunión de toda a xente do Concello”, para seguir mantendo a unión fronte o abandono do rural, “por iso llo queremos dedicar tamén a eles”.
O concelleiro de Cultura, Tito Sampedro, explicou que dende o Concello teñen por obxectivo “axudar e colaborar con estas festas, para promocionar o noso entorno, a nosa cultura e gastronomía”, ademais de “facerlle sempre unha homenaxe ós nosos antepasados nunha festa moi bonita”, e na que, segundo adiantou, se van consumir “mínimo 500 quilos”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GASTRONOMÍA Y MÚSICA
Galería | A Merca disfruta de una gran Festa do Porco ó espeto, en fotos
PROGRAMA DE LA XUNTA
A Merca contará con ocho nuevas viviendas protegidas
Lo último
INCENDIOS EN GALICIA
Las imágenes de los incendios del 2025 expuestas en A Rúa
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
El eclipse de nuestras vidas
FÚTBOL SALA FEMENINO
El Atlético Arnoia ya trabaja para el estreno nacional
CULTURA EN RIBADAVIA
Teatro, cultura y convivencia en Ribadavia