QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Trives lleva un año sin plenos?
CHARLA ABERTA
A asociación cultural A Caniceira celebrará este domingo 7 de decembro o 1906 aniversario da Ponte Bibei cunha charla aberta ao público, que ten lugar ás 18:30 horas no seu local da rúa Castelao, na Pobra de Trives.
A sesión será impartida por Ana García Earley, profesora de Historia no IES Xermán Ancochea Quevedo da localidade. Durante a conferencia, García abordará tres aspectos fundamentais para comprender a relevancia histórica e patrimonial desta ponte romana. Por unha banda, explicará o contexto das vías romanas e os factores xeográficos que explican a elección deste punto para levantar a infraestrutura. Tamén analizará as súas características arquitectónicas, que motivaron a súa declaración como Patrimonio Nacional en 1931. Ademais, repasará as vicisitudes que a ponte viviu ao longo de case vinte séculos de historia. Todo o contido irá acompañado dunha presentación con imaxes explicativas. A actividade forma parte da programación especial organizada por A Caniceira para poñer en valor un dos elementos patrimoniais máis destacados non só da comarca senon de todo o país.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Trives lleva un año sin plenos?
"GALEGO PARA ABRIRMUNDOS"
Avelino González acerca o galego ás aulas de Trives
"MARZO CULTURAL"
A tradición ponse a bailar en Trives
MARZO CULTURAL
Os veciños de Trives apuntáronse á percusión tradicional
Lo último
OBJETIVO: SEGUIR EN PLAY OFFS
Confianzas, las justas en O Couto para la UD Ourense que recibe la UD Sámano
Lalo Pavón
O AFIADOR
As competencias de Díaz