Berto Manso
LA OPINIÓN
Nadie es mejor que todos juntos
DIARIOS DO PASADO
Vivimos tempos no que todo vai demasiado acelerado. O pasado domingo foi Día Internacional do Patrimonio Mundial, ou o que é o mesmo, Patrimonio da Humanidade. Cando acordei celebralo cun escrito, un par de días antes, xa enviara a este xornal a miña correspondente colaboración semanal do sábado. Di o dito que “pasou o día, pasou a romaría”, máis non quero deixar de conmemorar o 16 de novembro con que a Unesco lembra a todos os países a importancia de certos sitios que, transcendendo as fronteiras, chegan a pertencer, a ser representativos para toda a humanidade. Desta elite forman parte tanto elementos do patrimonio cultural -material e inmaterial- como do natural, ou ambos á vez.
Pero, cales son os criterios de selección pata formar parte da lista? O esencial é posuír “Valor Universal Excepcional”
España ocupa o quinto lugar no ránquin mundial, toda unha potencia que conta con cincuenta sitios xa declarados. Para que se fagan unha idea da nosa importancia, o primeiro da lista é Italia, con once máis. En Galicia existen de momento seis lugares ou monumentos con esta categoría: a cidade histórica de Santiago de Compostela, no ano 1985; a muralla de Lugo, en 2000; a Torre de Hércules, en 2009. Finalmente, as catedrais de Lugo e Mondoñedo e o mosteiro de Sobrado dos Monxes, todos declarados en 2015. Aos anteriores engádense os camiños de Santiago Francés e o do Norte. En 2018, a Unesco recoñeceu ademais a técnica de construción da pedra en seco en Galicia como patrimonio inmaterial. Existen iniciativas para que desta lista de patrimonio universal participen a Ribeira Sacra de Lugo e Ourense e a denominada Vía da Prata, respectivamente dende 1996 e 1998. En España a maioría son edificios monumentais civís e relixiosos, núcleos históricos de cidades -Toledo, Ávila, Segovia, Salamanca, etc.-, incluso arquitecturas concretas, tal que os edificios mudéxares de Aragón ben representados, entre outros lugares, en Zaragoza, Teruel ou Calatayud. Tamén destacamos os monumentos ou conxuntos arqueolóxicos que Patrimonio Mundial: o grupo de xacementos de Atapuerca, a cova de Altamira, o conxunto de arte rupestre prehistórica de Levante, a tamén rupestre de Siega Verde, que comparte coa da zona portuguesa da Foz do Côa, os monumentos megalíticos de Antequera, os monumentos talaióticos de Menorca, a explotación romana de Las Médulas e conxuntos arqueolóxicos de Emérita Augusta e Tarraco, nas actuais cidades de Mérida e Tarragona.
Pero, cales son os criterios de selección pata formar parte da lista? O esencial é posuír “Valor Universal Excepcional”, cumprindo polo menos un deste dez criterios que resumimos: i) obra de arte do xenio creador humano; ii) testemuñar un intercambio de influenzas nun período ou área concreta; iii) testemuño único ou excepcional; iv) exemplo eminentemente representativo; v) exemplo eminente de asentamento ou de interacción entre ser humano e entorno; vi) ter relación directa con tradicións, acontecementos, ideas, crenzas, etc. con significación universal excepcional; vii) representar fenómenos naturais con beleza ou importancia estética excepcional; viii) exemplos claramente representativos das grandes fases da historia xeolóxica da Terra; ix) exemplos claramente representativos dos procesos ecolóxicos e biolóxicos da Terra; x) conter os hábitats naturais máis representativos e importantes para a conservación in situ da diversidade biolóxica.
Traballo duro, ánimo e sorte -por esta orde- para a Ribeira Sacra e a Vía da Prata: “per aspera ad astra”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Berto Manso
LA OPINIÓN
Nadie es mejor que todos juntos
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Aquel singular ourensano que conforma la historia del circo en España
Manuel Orío
RECORTES
Ciclos de historia
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Doctor Zhivago
Lo último