QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Trives lleva un año sin plenos?
O Concello da Pobra de Trives ultima os preparativos para a posta en marcha dun novo servizo de Punto Limpo Móbil, co obxectivo de facilitar á veciñanza a correcta xestión dos residuos domésticos especiais.
Esta iniciativa busca achegar un servizo fundamental a todos os habitantes do municipio, independentemente do lugar onde residan.
Para garantir un uso eficiente e sostible, engaden que o Concello está a rematar o regulamento do servizo, que contará cun vehículo 100% eléctrico, permitindo realizar a recollida de residuos de forma ecolóxica e respectuosa co medio ambiente. “Este novo sistema reforza o noso compromiso coa mobilidade limpa e coa redución da pegada de carbono”, destacan desde o equipo de goebrno do Concello trivés.
O Punto Limpo Móbil, segundo sinalan desde o equipo de goberno, recollerá residuos que non deben ser depositados nos colectores convencionais, como pilas, baterías, fluorescentes, electrodomésticos pequenos, envases contaminantes e pequenos mobles, entre outros.
Así con este novo servizo, que aínda non está en funcionamento, a veciñanza poderá desfacerse deles de forma cómoda e segura, contribuíndo á protección ambiental.
Desde o Concello da Pobra de Trives agradecen a colaboración cidadá e animan á veciñanza a facer uso deste novo servizo, que permitirá fomentar unha maior conciencia ecolóxica e avanzar cara a unha vila máis sostible.
Nas próximas datas, sinalan que se publicarán os horarios e localizacións do servizo a través dos medios oficiais do Concello, así coma toda a información necesaria para poder beneficiarse deste novo servizo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Trives lleva un año sin plenos?
"GALEGO PARA ABRIRMUNDOS"
Avelino González acerca o galego ás aulas de Trives
"MARZO CULTURAL"
A tradición ponse a bailar en Trives
MARZO CULTURAL
Os veciños de Trives apuntáronse á percusión tradicional
Lo último