CEIP MANUEL BERMÚDEZ
Elena Ferro amosa en Trives o oficio dos zocos
MARZO CULTURAL
A música tradicional foi protagonista en Trives cun obradoiro de percusión incluído no programa do Marzo Cultural organizado pola asociación cultural A Caniceira, que deu comenzo esta fin de semana. A actividade, dirixida polo mestre de percusión tradicional Diego Iglesias, reuniu unha decena de persoas nun curso aberto a todos os públicos.
O obradoiro desenvolveuse en dúas partes diferenciadas. Nunha primeira sesión máis teórica, os participantes afondaron en aspectos básicos da percusión tradicional, como a afinación dos instrumentos e as distintas técnicas para tensar correctamente a pandeireta, o tambor e o bombo, comprendendo mellor o funcionamento dos instrumentos. A segunda parte foi participativa e dinámica, permitindo aos asistentes ter contacto directo cos instrumentos, aprender a coller as baquetas de forma correcta e iniciarse na execución de ritmos sinxelos, experimentando co son do tambor e do bombo.
Concibido como un curso de iniciación, o obradoiro tivo un custo de 5 euros para socios e 10 euros para non socios, facilitando o acceso á formación musical e cultural. A actividade enmárcase no programa da asociación, que aposta pola difusión da cultura.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CEIP MANUEL BERMÚDEZ
Elena Ferro amosa en Trives o oficio dos zocos
92 PARTICIPANTES
A Pobra de Trives fai do xadrez festa para todas as idades
Lo último
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
Unos "jodidos", otros encantados
MÍNIMO HISTÓRICO
Ourense registra su peor arranque de año en natalidad
ESTACIÓN Y DEPÓSITO
A Veiga busca mejorar el abastecimiento de agua